Camariñas - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e ó amparo do disposto nos artigos 58 e 20 da mesma lei, este Concello establece a "taxa pola prestación de servicios culturais e deportivos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Retribución.
Considérase retribuída a taxa, nacendo a obriga de contribuír, cando se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose para estes efectos que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.
Artigo 6.-Cota tributaria.
Artigo 7.-Normas de xestión.
1. A utilización das instalacións e servicios obxecto da presente taxa haberá ter lugar, en todo caso, fóra do horario escolar. Os horarios e calendarios de utilización de instalacións municipais serán fixados por resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de edictos do Concello e nos centros correspondentes.
2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello e lugares que se determine, cunha antelación mínima de dous días hábiles, agás no caso de torneos ou competicións deportivas e actos extradeportivos, nos que dita antelación será de cinco días hábiles. As inscricións en escolas, cursos e actividades realizarase nos termos das correspondentes convocatorias.
3. As autorizacións serán concedidas pola Alcaldía, quen poderá condicionalas á previa constitución dunha garantía en metálico cando a natureza ou circunstancias da autorización solicitada poidan representar danos ou deterioros para as instalacións municipais, sendo o importe da garantía o da estimación estimada dos posibles danos feita polos servicios municipais.
O documento xustificativo da concesión da autorización haberá ser presentado ó persoal encargado do servicio no momento de inicio do mesmo.
4. A coincidencia de solicitudes para a mesma data, cando as mesmas sexan incompatibles, resolveranse aplicando a seguinte orde de prioridade:
1) Escolas deportivas municipais.
2) Competición de equipos federados.
3) Competición de equipos non federados.
4) Adestramento de equipos federados.
5) Adestramento de equipos non federados.
6) Práctica deportiva privada. As coincidencias na mesma prioridade resolveranse a favor da precedencia na presentación da solicitude.
5. Correrán a conta e cargo do solicitante os medios persoais e materiais que este considere necesarios para a organización de calesquera actos, cando ditos medios sexan superiores ós destinados polo Concello de ordinario á prestación do servicio.
Artigo 8.-Obrigación de pagamento.
1. A obrigación de pagamento do taxa nace desde o momento en que se preste ou realice calquera dos servicios ou actividades ós que se refire esta ordenanza.
2. O pagamento do prezo terá lugar por ingreso directo no momento de solicita-la utilización das instalacións ou de formaliza-la inscrición, con carácter de depósito previo conforme ó disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, podendo empregarse o procedemento de declaración-liquidación ou de autoliquidación.