Betanzos - Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Outorgamento de Licencias Urbanísticas

Publicación provisional: 11/11/2003 BOP Nº: 259
Publicación definitiva: 27/12/2003 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 3.º .-Base impoñible e Cota Tributaria

A base impoñible será a mesma que para o imposto sobre construcións, instalacións e obras; a cota tributaria determinarase de acordo coa seguinte tarifa:

1.- Licenza urbanística de obras, tipo de gravame sobre a base:

1.1. Zona urbana: 0,20%

1.2. Zona rural: 0,10%

Calquera liquidación aboará sempre un mínimo de 13,50 euros

1.3. Por cartel indicador: 19,00 euros

2.- Primeira ocupación de edificios (por cada vivenda e m2): 0,90 euros

3.- Transmisión de licenzas urbanísticas: 10% do importe inicial

4.- Licenzas de parcelación ou segregación: 36,30 euros