Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 6 REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS
Artigo 1.-Feito Impoñible.
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a actividade municipal técnica e administrativa derivada da presentación das comunicacións previas así como a tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire a Lexislación urbanística de ordenación urbanística que se vaian a realizar dentro do termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na normativa citada, así como a restante de aplicación neste municipio.
Artigo 2.º Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes:
a) Os solicitantes da respectiva licenza.
b) Executantes das instalacións, construcións e obras cando se procedeu sen a preceptiva licenza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.
3. Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou posuidores ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3.º.-Base impoñible e cota tributaria.
Artigo 3.º.-Base impoñible e cota tributaria.
A base impoñible será a mesma que para ou imposto sobre construcións, instalacións e obras e a cota tributaria determinarase de acordo coa seguinte tarifa.
1. Licenza urbanística de obras e comunicación previa, tipo de gravame sobre a base |
|
1.1. Zona urbana |
0,20% |
1.2. Zona rural |
0,10% |
Calquera liquidación aboará sempre un mínimo de 14,87 € |
|
1.3. Por cartel indicador |
22,54 € |
2. Primeira ocupación de edificios, por cada vivenda: por m² |
1,02 € |
3. Transmisión de licenzas urbanísticas |
10% do importe inicial |
4. Licenzas de parcelación ou segregación |
43,02 € |
Artigo 4.º.-Devindicación.
1. Devindícase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou, no caso de presentación de comunicación previa, no momento mesmo no que comece a revisión da documentación achegada polo/a interesado/a, entendendo esta no momento no que se dea traslado da documentación ao servizo que corresponda
2. Cando as obras se iniciaron ou executaron sen obter a oportuna licenza, a Taxa se devindicará cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativa que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
3. A obriga de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza. Así mesmo, non resulta tampouco afectada pola ineficacia da comunicación previa que no seu caso correspondera debido a incumprimentos formais ou de requisitos substanciais esixidos pola normativa vixente, imputables ao/á interesado/a.
Artigo 5.º.-Bonificacións.
Bonificación do 20% da cota tributaria non caso de licenzas urbanísticas de obra consideradas de rehabilitación polos servizos técnicos municipais, manténdose en todo caso ou mínimo indicado para calquera liquidación.
Artigo 6.º.-Exencións.
Quedan exentos desta taxa os autónomos e empresas que soliciten licenza de obra ou verificación ¿a posteriori" de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo, cando o seu código CNAE corresponda a algunha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3.
Quedan exentos desta taxa os autónomos e as microempresas que soliciten licenza de obra ou verificación ¿a posteriori" de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente ata o 31 de decembro de 2020, debido á Pandemia do Covid-19.
Gozarán de exención desta taxa ata o 31 de decembro de 2020 aquelas familias que, polas súas circunstancias persoais estean a ser atendidas, e así o dispoña o informe emitido polos técnicos dos Servizos Sociais do Concello no caso de solicitar licencia de obras de necesidade imperiosa para a habitabilidade da súa vivenda habitual.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.