Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 6 REGULADORA DA TAXA POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL NAS COMUNICACIÓNS PREVIAS E NO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
Artigo 1º.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a actividade municipal técnica e administrativa derivada da presentación das comunicacións previas, así como a tendente a verificar se os actos de edificación e uso do chan a que se refire a lexislación urbanística de ordenación urbanística que se vaian a realizar dentro do termo municipal se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na normativa citada, así como a restante de aplicación neste municipio.
Artigo 2º.- Suxeito Pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes:
a) Os solicitantes da respectiva licenza.
b) Executantes das instalacións, construcións e obras cando se procedera sen a preceptiva licenza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.
3. Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou posuidores ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3º.- Base impoñible e Cota Tributaria
A base impoñible será a mesma que para o Imposto sobre construcións, Instalacións e obras e a cota tributaria determinarase de acordo coa seguinte tarifa:
1. Licenza urbanística de obras e comunicación previa, tipo de gravame sobre a base | |
1.1. Zona urbana | 0,20% |
1.2. Zona rural | 0,10% |
Calquera liquidación aboará sempre un mínimo de 14,87 € | |
1.3. Por cartel indicador | 22,54 € |
2. Primeira ocupación de edificios, por cada vivenda: por m2 | 1,02 € |
3. Transmisión de licenzas urbanísticas | 10% do importe inicial |
4. Licenzas de parcelación ou segregación. | 43,02€ |
Artigo 4º. Devindicación
4.1. Devindícase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou, en caso de presentación da comunicación previa, no momento mesmo no que comece a a revisión da documentación achegada polo/a interesado/a, entendendo esta no momento en que se dea traslado da documentación ao servizo que corresponda.
4.2. Cando se iniciaran ou executaran as obras sen obter a oportuna licenza, a taxa devindicarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
4.3. A obrigación de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistencia do solicitante unha vez concedida a licenza. Así mesmo, non resulta tampouco afectada pola ineficacia da comunicación previa que no seu caso correspondera debido a incumprimentos formais ou de requisitos substanciais esixidos pola normativa vixente, imputables ao interesado/a.
4.4. No momento de presentación de solicitudes de licenzas urbanísticas, os suxeitos pasivos ingresarán por autoliquidación o importe das taxas que correspondan segundo o disposto no artigo 3
da presente ordenanza referido a base impoñible e cota tributaria, salvo que os técnicos municipais
xestores do servizo, por motivos debidamente xustificados, autoricen a súa autoliquidación nun momento posterior da tramitación do expediente.
Artigo 5º . Bonificacións
Bonificacíón do 20% da cota tributaria no caso de licenzas urbanísticas de obra consideradas de rehabilitación polos servizos técnicos municipais, manténdose en todo caso o mínimo indicado para calquera liquidación.
Disposición Final
A presente ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e permanecerá en vigor ata súa modificación ou derrogación expresa.