Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 6 REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS
Artigo 1.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a actividade municipal técnica e administrativa derivada da presentación das comunicacións previas así como a tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire a Lexislación urbanística de ordenación urbanística que se vaian a realizar dentro do termo municipal, se axustan ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na normativa citada, así como a restante de aplicación neste municipio.
Artigo 2.º Suxeito pasivo
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes:
a) Os solicitantes da respectiva licenza. b) Executantes das instalacións, construcións e obras cando se procedeu sen a preceptiva licenza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras.
3. Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou posuidores ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3.º .-Base impoñible e Cota Tributaria
A base impoñible será a mesma que para o imposto sobre construcións, instalacións e obras e a cota tributaria determinarase de acordo coa seguinte tarifa.
1. Licenza urbanística de obras, tipo de gravame sobre a base |
|
1.1. Zona urbana | 0,20% |
1.2. Zona rural | 0,10% |
Calquera liquidación aboará sempre un mínimo de 14,87 € |
|
1.3. Por cartel indicador | 22,54 € |
2. Primeira ocupación de edificios, por cada vivenda: por m2 | 1,02 € |
3. Transmisión de licenzas urbanísticas | 10% do importe inicial |
4. Licenzas de parcelación ou segregación | 43,02 € |
Artigo 4.º Devindicación
1. Devindícase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou, no caso de presentación de comunicación previa, no momento mesmo no que comece a revisión da documentación achegada polo/a interesado/a, entendendo esta no momento no que se dea traslado da documentación ao servizo que corresponda
2. Cando as obras se iniciaron ou executaron sen obter a oportuna licenza, a Taxa se devindicará cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativa que poida instruírse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non fosen autorizables.
3. A obriga de contribuír, unha vez nada, non se verá afectada de ningún xeito pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licenza. Así mesmo, non resulta tampouco afectada pola ineficacia da comunicación previa que no seu caso correspondera debido a incumprimentos formais ou de requisitos substanciais esixidos pola normativa vixente, imputables ao/á interesado/a.
Artículo 5º.- Bonificacións
Disposición final
La presente Ordenanza, ha sido aprobada con fecha veinte de diciembre de 2001 y comenzará a regir con efectos del día 1 de enero de 2002 y surtirá efectos en tanto no se acuerde su modificación o derogación.