Abegondo - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito imponible.
1.-Constitúe o feito imponible desta taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes que entenda ou coñeza a Administración municipal.
2.-Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.
3.-Non están suxeitos a esta taxa os documentos ou certificacións que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Artigo 4.º .-Responsables.
Artigo 5.º .-Exencións.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
Artigo 7, da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos.
A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:
Por dilixencias (compulsas) de documentos, por folla: 1,20 euros.
Por cada fotocopia, por folla: 0,06 euros.
Certificacións de documentos acordos municipais: 6,01 euros.
Informe de segregación de terreos: 30,05 euros.
Por bastanteo de poderes que poidan producir efectos nas oficinas municipais: 3,01 euros.
Por cada contrato administrativo, que se suscriba de bens, obras ou servicios: 0.3% cun mínimo de 1.000 pesetas/6,01 euros e un máximo de 150,25 euros.
Por actas de recepción de obras, cada unha: 6,01 euros.
Por obtención de cualificación urbanística: 18,03 euros.
Certificados sobre o estado dos edificios: 30,05 euros.
Certificado de aliñacións ou de servicios urbanísticos existentes: 18,03 euros.
Outras certificacións urbanísticas: 18,03 euros.
Por solicitudes, de interese particular, e que a súa resolución esixa desprazamentos fóra da Casa do Concello: 30,05 euros.
Por expediente ou documento non expresamente tarifado: 3,01 euros.
Artigo 8.º .-Criterios xenéricos de capacidade económica.
Artigo 9.º .-Retribución.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2.-Nos casos ós que se refire o número 2 do artigo 2.º , a retribución prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta comece sen a previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
3.-Non se retribuirá esta taxa cando a actividade administrativa estea suxeita a calquera outra taxa esixida por este Concello.