Baña A - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo fornecemento e acometida de auga

Publicación provisional: 19/12/1998 BOP Nº: 290
Publicación definitiva: 19/12/1998 BOP Nº: 290
Aplicable dende: 01/01/1999

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 20.4.t), en relación cos 17 e 58 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo fornecemento da auga, que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento do servicio público, regulamentado nesta ordenanza, os que se beneficien dos servicios ós que se refire o artigo anterior.

Artigo 3. Contía.

1. A contía da taxa regulamentada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

2. As tarifas desta taxa serán as seguintes:

De 0 a 130 m3: 4.000 ptas.

De 131 a 250 m3: 40 ptas./m3.

De 251 a 850 m3: 50 ptas./m3.

De 850 m3 en adiante 60 ptas./m3.

Enganche: polos dereitos de enganche á rede: 10.000 ptas

Artigo 4. Obrigación de pagamento.

1. A taxa por fornecemento devéngase o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cesamento no uso do servicio, no que se prorrateará por trimestres.

2. No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro, as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluído o de comezo da prestación da actividade.

3. No caso de cesamento do servicio as cotas serán prorrateables por trimestres e non será prorrateable aquel trimestre no que se produza o cesamento. Para esta finalidade, os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non utilizase o servicio.

A taxa por enganche /acometida devéngase no momento en que se inicia o servicio ou actividade.

4. O non pagamento do recibo significa a renuncia ó servicio.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación para o exercicio 1999 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.