Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO FORNECEMENTO E ACOMETIDA DE AUGA
Artigo 1.º .-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 20.4, en relación cos 17 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa polo fornecemento de auga que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ós que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.º .-Contía.
1.-A Contía da taxa regulamentada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2.-Tarifas.
As tarifas desta taxa serán as seguintes:
2.1.-Consumo:
Mínimo: 10 metros cúbicos/abonado/mes: 74.70 pesetas/metro cúbico.
1.º bloque 11 a 20 metros cúbicos/abonado/mes: 93.30 pesetas/metro cúbico.
2.º bloque máis de 20 metros cúbicos/abonado/mes: 114 pesetas/metro cúbico.
2.2.-Acometidas de abastecemento.
Será calculada baseándose na acometida normal de 3 m de lonxitude media (1 a 5 m).
Materias:
1 ud. colarín de toma.
- Ud. enlaces.
1-5 ml entubado PE.
1 ud. chave de paso.
1 ud. arquetiña de fundición de 15,25 cm
Obra civil:
1 ud. arqueta con tapa.
1-5 m gabia (apertura, cerramento e reposición).
Estableceranse prezos (pesetas) diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia (materias: 40% + man de obra: 60%).
| Diámetro acometida | Tipo de gabia | ||
| Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Beirarrúa (C) |
| 3/4" | 22.547 | 28.723 | 34.009 |
| 1" | 24.442 | 30.574 | 35.796 |
| 1.1/2" | 29.194 | 35.390 | 40.612 |
| 2" | 34.545 | 40.612 | 45.899 |
| Incremento no prezo da acometida para lonxitudes sup. a 3 m | 3/4" | 1" | 1.1/2" | 2" |
| (A) incremento ptas. por m | 1.048 | 1.230 | 1.755 | 2.943 |
| (B) incremento ptas. por m | 2.311 | 2.494 | 3.018 | 4.206 |
| (C) incremento ptas. por m | 2.782 | 2.953 | 3.478 | 4.667 |
2.3.-Contadores.
Instalación de contador (13 mm de diámetro) en batería ou similar:
- Contador de 13 mm.
- Válvula antirretorno.
- Pezas conexión.
Prezo contador instalado: 9.312 pesetas /ud.
Instalación de contador superior a 13 mm de diámetro: para contadores de diámetros superiores farase previamente un presuposto previo.
| Tarifa de contadores (sen colocación) | Pesetas/ud. |
| Diámetro 13 mm | 6.554 ptas./ud. |
| Diámetro 15 mm | 7.224 ptas./ud. |
| Diámetro 20 mm | 8.818 ptas./ud. |
| Diámetro 25 mm | 14.361 ptas./ud. |
| Diámetro 30 mm | 20.076 ptas./ud. |
| Diámetro 40 mm | 31.120 ptas./ud. |
| Diámetro 50 mm | 37.999 ptas./ud. |
| Diámetro 65 mm | 84.298 ptas./ud. |
Artigo 4.º .-Obriga de pagamentos.
1.-A taxa por fornecemento retribúese o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cesamento no uso do servicio, no que se prorrateará por trimestres.
2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para remata-lo ano incluído o de comezo da prestación da actividade.
3.-No caso de cesamento do servicio as cotas serán prorrateables por trimestres e non será prorrateable aquel trimestre no que se produza o cesamento. Para esta finalidade os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non utilizase o servicio.
A taxa por enganche/acometida retribúese no momento en que se inicia o servicio ou actividade.
4.-O non pagamento do recibo significa a renuncia ó servicio.
Disposición derradeira.
A presente modificación entrará en vigor de acordo co que establece o artigo 17.4 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais.