Baña A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO FORNECEMENTO E ACOMETIDA DE AUGA
Artigo 1.º .-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 20.4, en relación cos 17 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa polo fornecemento de auga que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.º .-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do servicio público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ós que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.º .-Contía.
1.-A contía da taxa regulamentada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.
2.-Tarifas.
As tarifas desta taxa serán as seguintes:
2.1. Consumo:
Mínimo: 10 metros cúbicos/aboado/mes: 0,464 euro/metro cúbico.
1.º bloque 11 a 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,580 euro/metro/cúbico.
2.º bloque máis de 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,708 euro/metro cúbico.
2.2. Acometidas de abastecemento.
Será calculada baseándose na acometida normal de 3 m de lonxitude media (1 a 5 m).
Materias:
1 Ud. colarín de toma.
Ud. enlaces.
1-5 ml entubado P.E.
1 Ud. chave de paso.
1 Ud. arquetiña de fundición de 15 x 25 cm.
Obra civil:
1 Ud. arqueta con tapa.
1-5 m gabia (apertura, cerramento e reposición).
Estableceranse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia (materias: 40% + man de obra: 60%).
Prezo en euros:
| Diámetro acometida | Tipo de gabia | ||
| Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-Beirarrúa (C) |
| 3/4 | 140,12 | 178,50 | 211,35 |
| 1 | 151,90 | 190,00 | 222,46 |
| 1.1/2 | 181,42 | 219,93 | 252,38 |
| 2 | 214,68 | 252,38 | 285,24 |
Prezos en euros:
| Incremento no prezo da acometida para lonxitudes sup. a 3 m | 3/4 | 1 | 1.1/2 | 2 |
| (A) Incremento euro por m | 6,52 | 7,64 | 10,90 | 18,29 |
| (B) Incremento euro por m | 14,36 | 15,50 | 18,75 | 26,14 |
| (C) Incremento euro por m | 17,29 | 18,35 | 21,61 | 29,00 |
2.3. Contadores.
Instalación de contador (13 mm de diámetro) en batería ou similar:
- Contador de 13 mm.
- Válvula antirretorno.
- Pezas conexión.
Prezo contador instalado: 57,87 euros/ud.
Instalación de contador superior a 13 mm de diámetro:
Para contadores de diámetros superiores farase previamente un presuposto previo.
| Tarifa de contadores (sen colocación) | Euros/ud. |
| Diámetro 13 mm | 40,73 euros/ud. |
| Diámetro 15 mm | 44,89 euros/ud. |
| Diámetro 20 mm | 54,80 euros/ud. |
| Diámetro 25 mm | 89,25 euros/ud. |
| Diámetro 30 mm | 124,76 euros/ud. |
| Diámetro 40 mm | 193,40 euros/ud. |
| Diámetro 50 mm | 422,58 euros/ud. |
| Diámetro 65 mm | 523,87 euros/ud. |
Artigo 4.º .-Obriga de pagamentos.
1.-A taxa por fornecemento retribúese o un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos supostos de inicio ou cesamento no uso do servicio, no que se prorrateará por trimestres.
2.-No caso de inicio no servicio en data diferente ó un de xaneiro as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para remata-lo ano incluído o de comezo da prestación da actividade.
3.-No caso de cesamento do servicio as cotas serán prorrateables por trimestres e non será prorrateable aquel trimestre no que se produza o cesamento. Para esta finalidade os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente ós trimestres naturais nos que non utilizase o servicio.
A taxa por enganche/acometida retribúese no momento en que se inicia o servicio ou actividade.
4.-O non pagamento do recibo significa a renuncia ó servicio.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, será de aplicación para o exercicio 2002 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.