San Sadurniño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización de intalacións culturais e deportivas municipales.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 10/02/1999 BOP Nº: 239
Aplicable dende: 10/02/1999

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización do centro socio cultural, do polideportivo e da piscina municipais, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 -apartado 1, letra b) e apartado, 4, letra o)-, e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do centro socio cultural, do polideportivo e da piscina municipais.

Artigo 3.º .-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 de Lei Xeral Tributaria, que sexan usuarios dos servicios do centro socio cultural, o polideportivo e a piscina municipais e as que resulten beneficiadas ou afectadas polos mesmos.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Bases de imposición e tipos de gravame.

As bases de imposición e tipos de gravame son os comprendidos nas seguintes tarifas:

 

A) Centro socio-cultural
Concepto Importe (euros)
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades similares, para maiores de 18 e menores de 65 anos 3,00
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades simulares, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de "carné xove", estudiantes, pensionistas e familias numerosas 1,50
Bono 10 funciones para asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades similares, para maiores de 18 e menores de 65 anos 25,00
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades simulares, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de "carné xove", estudiantes, pensionistas e familias numerosas 12,50
B) Polideportivo municipal:
Concepto Importe (euros)
Adestramentos, por hora ou fracción, para equipos do Concello 6,00
Adestramentos, por hora ou fracción, para equipos de nenos de ata 12 anos do Concello 3,00
Adestramentos, por hora ou fracción, para equipos de fóra do Concello 9,00
Adestramentos, por hora ou fracción, para equipos de nenos de ata 12 anos de fóra do Concello 6,00
Partidos, oficiais ou amigables, de equipos do Concello 9,00
Partidos, oficiais ou amigables, de equipos de nenos de ata 12 anos do Concello 3,00
Partidos, oficiais ou amigables, de equipos de fora do Concello 18,00
Partidos, oficiais ou amigables, de equipos de nenos de ata 12 anos de fora do Concello 9,00
Espectáculos ou actos non deportivos 90,00
C) Piscina municipal:
Concepto Importe (euros)
Entrada individual diaria de adultos 3,00
Entrada individual diaria de nenos ata 14 anos 1,50
Abono temporada de adultos 18,00
Abono temporada de nenos ata 14 anos 12,00
Abono familiar (ata 4 persoas) 30,00
Cada persoa a partir da quinta, dentro do abono familiar 3,00
Cursos de natación de nenos ata 14 anos 9/mes
Cursos de natación de adultos 18/mes

 

Serán de carácter gratuíto as actividades comprendidas no apartado A) do presente artigo cando o custo da actividade de que se trate para o Concello non supere os 300 euros.

Artigo 6.º .-Exencións.

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei reguladora de Facendas Locais.

Artigo 7.º .-Liquidación e recadación.

1.-Retribúese a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación do servicio.

2.-O pagamento da taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería municipal.

3.-Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia ou autorización correspondente, no seu caso.

Artigo 8.º .-Normas de xestión.

1.-A utilización do pavillón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

2.-O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario, así como o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás mesmas.

Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elixidas.

3.-Presentada a instancia no rexistro xeral do Concello, os interesados deberá ingresar o importe do depósito previo ó que se fai referencia no artigo 7.º desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.

4.-Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no taboleiro de anuncios desta corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, para os efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.

Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.

5.-As persoas que presentasen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existisen prazas na escola ou escolas elixidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.

6.-As entradas para a piscina municipal solicitaranse nas expendedoras de billetes emprazadas no acceso á instalación. Os abonos solicitaranse do Concello no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.

7.-As entradas para asistencia a actividades realizadas no centro socio cultural solicitaranse nas expendedoras de billetes emprazadas no propio centro, ou nas oficinas do concello nos casos en que oportunamente sexa anunciado.

Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarse ó previsto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e disposicións concordantes.

Disposición adicional:

Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pavillón polideportivo, seguirase a seguinte orde:

1.-Escolas deportivas municipais.

2.-Equipos federados do Concello.

3.-Equipos non federados do Concello.

4.-Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.

5.-Equipos federados doutro concello.

6.-Equipos non federados doutro concello.

7.-Deportes individuais practicados por veciños doutro concello.

En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primeiro lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día seguinte ó da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.