San Sadurniño - Ordenanza fiscal núm. 12, reguladora da taxa pola prestación de servizos consistentes na utilización de instalacións deportivas municipais
Artigo 1º.- Fundamento e Natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Ley 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Reximen Local, e de acordo co disposto na Sección III de Tasas do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización das Instalacións Deportivas Municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 -apartado 1, letra B.b) e apartado, 4, letra o),- e no artigo 57 do xa citado R.D. Lexislativo 2/2004.
Artigo 2º.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do Centro Cultural, do Polideportivo, da Piscina Municipal e do Ximnasio.
Artigo 3º.- Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 36 de Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan usuarios dos servicios das instalacións deportivas municipais citadas anteriormente e as que resulten beneficiadas ou afectadas polos mesmos.
Artigo 4ª.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Bases de imposición e tipos de gravamen.
As bases de imposición e tipos de gravamen son os comprendidos nas seguintes tarifas:
A) Centro Socio Cultural
Concepto  | Importe (Euros)  | 
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades similares, para maiores de 18 e menores de 65 anos  | 3  | 
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades simulares, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de carné xove, estudiantes, pensionistas e familias numerosas  | 1,5  | 
Bono 10 funciones para asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades similares, para maiores de 18 e menores de 65 anos  | 25  | 
Asistencia a actuacións musicais, teatrais, etc., proxección de películas e outras actividades simulares, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de carné xove, estudiantes, pensionistas e familias numerosas  | 12,50  | 
B) Polideportivo Municipal:
Concepto  | Importe (Euros)  | 
Entrenamientos, por hora ou fracción, para equipos do Concello  | 6  | 
Entrenamientos, por hora ou fracción, para equipos de nenos de ata 12 anos do Concello  | 3  | 
Entrenamientos, por hora ou fracción, para equipos de fora do Concello  | 9  | 
Entrenamientos, por hora ou fracción, para equipos de nenos de ata 12 anos de fora do Concello  | 6  | 
Partidos, oficiais ou amistosos, de equipos do Concello  | 9  | 
Partidos, oficiais ou amistosos, de equipos de nenos de ata 12 anos do Concello  | 3  | 
Partidos, oficiais ou amistosos, de equipos de fora do Concello  | 18  | 
Partidos, oficiais ou amistosos, de equipos de nenos de ata 12 anos de fora do Concello  | 9  | 
Espectáculos ou actos non deportivos  | 90  | 
C) Piscina Municipal:
Concepto  | Importe (Euros)  | 
Entrada individual diaria de adultos  | 3  | 
Entrada individual diaria de nenos ata 14 anos  | 1,5  | 
Abono temporada de adultos  | 24  | 
Abono temporada de nenos ata 14 anos  | 15  | 
Abono familiar (ata 4 persoas)  | 36  | 
Cada persoa a partires da quinta, dentro do abono familiar  | 3  | 
Cursos de natación de nenos ata 14 anos  | 9/mes  | 
Cursos de natación de adultos  | 18/mes  | 
D) Ximnasio Municipal:
Concepto  | Importe ( Euros)  | 
Entrada diaria  | 3 €  | 
Abono mensual para empadronados  | 15 €  | 
Abono mensual para non empadronados  | 25 €  | 
Entrada entidades con 10 ou menos usuarios/as  | 10 €  | 
Entrada entidades con mais de 10 usuarios/as  | 15 €  | 
Serán de carácter gratuito as actividades comprendidas no apartado A) do presente artigo cando o custo da actividade de que se trate para o Concello non supere os 300 Euros.
Artigo 6º.- Exencións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei Reguladora de Facendas Locais.
Artigo 7º.- Liquidación e recadación.
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación do servicio.
2.- O pago da Taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal.
3.- Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) do R.D. Lexislativo 2/2004, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia ou autorización correspondente, no seu caso.
Artigo 8º.- Normas de xestión.
1.- A utilización do pabellón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.
2.- O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario, así como o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás mesmas.
Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interadas poderán presenta-las súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elexidas.
3.- Presentada a instancia no Rexistro Xeral do Concello, os intereados deberá ingresar o importe do depósito previo ó que se fai referencia no artigo 7º, desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.
4.- Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no Taboleiro de Anuncios desta Corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, ós efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.
Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.
5.- As persoas que presentansen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existiran prazas na escola ou escolas elexidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.
6. As entradas para a piscina municipal obteranse nas taquillas ubicadas no acceso á instalación. Os abonos solicitaranse do Concello no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.
7. A xestión do Ximnasio Municipal rexerase por unha normativa propia.
Artigo 9º.- Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarse ó previsto nos capítulos III e IV do Título IV da Potestade Sancionadora da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
Disposición adicional:
Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pabellón polideportivo, seguirase a seguinte orde:
1.- Escolas deportivas municipais.
2.- Equipos federados do Concello.
3.- Equipos non federados do Concello.
4.- Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.
5.- Equipos federados doutro Concello.
6.- Equipos non federados de outro Concello.
7.- Deportes individuais practicados por veciños de outro Concello.
En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primer lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.
Disposición Final.-
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte ó de publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas."