San Sadurniño - ORDENANZA FISCAL Nº T-8, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS E UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS
Artigo 1º.- Fundamento e Natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Ley 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Reximen Local, e de acordo co disposto na Sección III de Tasas do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola prestación de servicios consistentes na utilización das Instalacións Deportivas Municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20 -apartado 1, letra B.b) e apartado, 4, letra o),- e no artigo 57 do xa citado R.D. Lexislativo 2/2004.
Artigo 2º.- Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación de servicios consistentes na utilización do Centro Cultural, do Polideportivo, da Piscina Municipal e do Ximnasio.
Artigo 3º.- Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 36 de Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan usuarios dos servicios das instalacións deportivas municipais citadas anteriormente e as que resulten beneficiadas ou afectadas polos mesmos.
Artigo 4ª.- Responsables.
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os Síndicos, Interventores ou Liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º.- Bases de imposición e tipos de gravamen.
1.- As tarifas en canto á asistencia a espectáculos e á utilización de instalacións culturais e deportivas son os comprendidos nas seguintes tarifas: A) Casa da Cultura Concepto Importe (€) Asistencia a eventos cun cachet de menos de 500€ 3,01 Asistencia a eventos cun cachet de 501 a 1000 € 5,02 Asistencia a eventos cun cachet de 1001 a 3000 € 8,02 Asistencia a eventos cun cachet de máis de 3000 € 10,03 Bono 3 actuacións para ano natural independentemente do cachet 12,04 *Estas tarifas terán unha bonificación do 50% para menores de 18 anos e maiores de 65. B) Polideportivo Municipal (tarifas por hora ou fracción) Concepto Importe (€) Utilización para usos deportivos por entidades deportivas rexistradas no Concello de San Sadurniño 1,00 Utilización para usos deportivos por veciños/as do Concello 6,02 Utilización para usos deportivos por entidades ou grupos de fora do Concello 15,05 Utilización para competicións non organizadas polo Concello de San Sadurniño 20,06 Espectáculos ou actos non deportivos (ata 5 horas de duración) 95,20 C) Piscina Municipal Concepto Importe (€) Entrada individual diaria de persoas adultas 3,16 € Entrada individual diaria de persoas menores de 14 anos 1,59 € Abono de tempada para persoas adultas empadroadas (maiores de 18 anos) 28,00 € Abono de tempada para persoas adultas non empadroadas (maiores de 18 anos) 36,00 € Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales o 50% ou máis estean empadroados no Concello) 50,00 € Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales menos dos 50% estean empadroados no Concello) 60,00 € No Abono de tempada familiar, por cada persoa a partires da 5.ª (independente do empadroamento) 5,00 € Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas empadroados (ata 14 anos) 12,00 € D) Ximnasio Municipal Concepto Importe (€) Entrada diaria 3,17 Abono mensual para empadroados 15,87 Abono mensual para non empadroados 26,45 Entrada entidades con 10 ou menos usuarios/as 10,58 Entrada entidades con máis de 10 usuarios/as 15,87 E) Utilización do Campo de Fútbol dos Currás: Imponse unha tarifa de 30,00 €/hora para as entidades e persoas usuarias en xeral. Están exentas desta tarifa as entidades locais inscritas no Rexistro municipal de asociacións cuxo obxecto social sexa a promoción do fútbol. Non se regulan franxas horarias intermedias, polo que a superación da hora de duración no uso da instalación supón o pagamento das dúas horas de uso, e así sucesivamente. A dita cota satisfarase, consonte indique a Recadación municipal, con anterioridade á utilización do recinto deportivo, polo que será preciso presentar unha solicitude no modelo habilitado ao efecto." 5.2. As tarifas pola prestación de servizos culturais e deportivos serán as seguintes: Establécese: Feito impoñible Matrícula Cota trimestral (€) Escolas culturais e deportivas municipais, para maiores de 18 e menores de 65 anos, por cada trimestre ou fracción de duración 15,05 28,97 Escolas Culturais e Deportivas Municipais, para menores de 18 e maiores de 65 anos, así como titulares de carné xove, estudantes, pensionistas e familias numerosas por cada trimestre ou fracción de duración 15,05 19,32
2.- As anteriores tarifas actualizaranse anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ó consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.
Artigo 6º.- Exencións.
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei Reguladora de Facendas Locais.
Artigo 7º.-Bonificacións.
Concederase unha bonificación do 50% aos suxeitos pasivos que presenten solicitude de prestación do servizos regulados mediante a presente ordenanza, que teñan entre 12 e 30 anos e que acrediten ser posuidores do carnet xove. Esta bonificación será solicitada polo usuario en cada anualidade de exacción da presente taxa e acreditada ante cada nova solicitude de prestación dun novo servizo.
Artigo 8º.- Liquidación e recadación.
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a prestación do servicio.
2.- O pago da Taxa realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal.
3.- Este ingreso terá carácter de depósito previo, consonte co disposto no artigo 26.1.a) do R.D. Lexislativo 2/2004, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia ou autorización correspondente, no seu caso.
Artigo 8º.- Normas de xestión.
1.- A utilización do pabellón polideportivo municipal solicitarase no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.
2.- O inicio e duración de cada escola deportiva municipal anunciarase oportunamente nos lugares de costume, facéndose constar no anuncio as escolas deportivas que se ofertan e o seu posible horario, así como o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás mesmas.
Fóra do prazo que se estableza no anuncio, as persoas interadas poderán presenta-las súas solicitudes de admisión, sempre e cando existan prazas na escola ou escolas deportivas por aquelas elexidas.
3.- Presentada a instancia no Rexistro Xeral do Concello, os intereados deberá ingresar o importe do depósito previo ó que se fai referencia no artigo 7º, desta ordenanza, segundo liquidación que se practique pola Secretaría-Intervención á vista de dita solicitude.
4.- Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de admisión ás escolas deportivas municipais, a Alcaldía aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no Taboleiro de Anuncios desta Corporación, concedéndose un prazo de cinco días hábiles, ós efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte a dita publicación.
Rematado dito período de exposición, a Alcaldía-presidencia resolverá as reclamacións que se presentasen e aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos, elevando a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados. No caso de que non se presenten reclamacións, considerase definitiva a lista provisional e elevaranse a definitivos os depósitos previos efectuados polos interesados.
5.- As persoas que presentansen as súas solicitudes de admisión ás escolas deportivas fóra do prazo fixado serán admitidas por resolución da Alcaldía, só no caso de que existiran prazas na escola ou escolas elexidas polos interesados, e previo cumprimento do requisito sinalado no punto 3 deste artigo.
6. As entradas para a piscina municipal obteranse nas taquillas ubicadas no acceso á instalación. Os abonos solicitaranse do Concello no modelo normalizado que se facilitará nas oficinas municipais.
7. A xestión do Ximnasio Municipal rexerase por unha normativa propia.
Artigo 9º.- Infraccións e Sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarse ó previsto nos capítulos III e IV do Título IV da Potestade Sancionadora da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e disposicións concordantes.
Disposición adicional:
Para o caso de que houbera varias peticións para un mesmo día solicitando a utilización do pabellón polideportivo, seguirase a seguinte orde:
1.- Escolas deportivas municipais.
2.- Equipos federados do Concello.
3.- Equipos non federados do Concello.
4.- Deportes individuais practicados por veciños deste Concello.
5.- Equipos federados doutro Concello.
6.- Equipos non federados de outro Concello.
7.- Deportes individuais practicados por veciños de outro Concello.
En caso de coincidencia de prioridades terá preferencia a solicitude que teña entrada en primer lugar no rexistro xeral deste Concello, e así sucesivamente.
Disposición Final.-
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte ó de publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas."