Melide - Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreosde uso público municipal con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instralacións análogas.

Publicación provisional: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/1998 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 30/12/1998

Artigo 1.-Natureza e fundamento.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e os artigos 20 e 58 da Lei 39/88, do 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construcción, refugallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instalacións análogas.

Artigo 2.-Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da taxa a utilización ou aproveitamento especial do dominio público municipal polos conceptos que se sinalan no título da taxa e outros análogos como guindastres para a construcción.

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, consonte algún dos supostos citados no artigo segundo.

Artigo 4.-Responsables.

- Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

A cota desta taxa será a que figura no anexo desta ordenanza.

Artigo 6.-Beneficios fiscais.

Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 7.-Percepción.

Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:

- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.

- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.

Artigo 8.-Liquidación.

- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.

- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.

- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

Artigo 9.-Ingreso.

O pagamento desta taxa realizarse:

- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades de depósito que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.

- Nas liquidacións por recibo ou patrón, nas datas e entidades de depósito ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.

Artigo 10.-Infraccións e sancións.

Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa e desenvolvemento.

Artigo 11.-Normas de xestión.

- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidades interesadas no aproveitamento aboarán o importe da taxa en calidade de depósito previo.

- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.

- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.

- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesa, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal, cunha redacción definitiva aprobada polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar na data que se expresa no anexo a esta ordenanza, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.

ANEXO

Primeiro.-Tarifa.

A estructura desta taxa será a seguinte:

1. Ocupación da vía pública con refugallos, terras, areas, materiais de construcción, leña e calquera outros materiais, por metro cadrado e fracción ó mes:

- En rúas de primeira categoría (solo urbano): 100 pesetas.

- Resto (solo rústico): ...

2. Ocupación da vía pública con valados, andamios e calquera outras instalacións axeitadas, por metro cadrado ou fracción ó mes, calquera que sexa a categoría:

a) Ata 6 meses: 100 ptas.

b) De seis meses a un ano: 300 ptas.

c) A partir de 1 ano, deberá solicitarse renovación do permiso ou licencia.

3. Ocupación da vía pública con puntais, asnelos e outros elementos de apeo, por cada elemento e mes, en rúas de categoría: as mesmas cás do apartado 2 anterior.

4. Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materias ou productos da industria ou comercio a que dediquen a súa actividade, comprendendo os guindastres, por ano e metro cadrado:

a) Ata 6 m2 de ocupación permanente: 4.400 ptas./ano.

b) De 6 a 10 m2: 6.600 ptas./ano.

c) De máis de 10 m2: 8.800 ptas./ano.

Terceiro.-Data de aprobación.

En sesión plenaria do 2 de novembro de 1998.