Melide - Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreosde uso público municipal con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valados, puntais, asnelos, andamios e outras instralacións análogas.
Artigo 1.-Natureza e fundamento.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
- Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
Artigo 6.-Beneficios fiscais.
Artigo 7.-Percepción.
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.-Liquidación.
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Ingreso.
O pagamento desta taxa realizarse:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades de depósito que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou patrón, nas datas e entidades de depósito ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
Artigo 11.-Normas de xestión.
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidades interesadas no aproveitamento aboarán o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesa, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final.
ANEXO
"Primeiro: tarifa.
A estructura e contía desta taxa será a seguinte:
1. Ocupación da vía pública con entullos, terras, areas, materiais de construcción, leña e calquera outro material, por metro cadrado ou fracción ao mes:
- En solo urbano: 1,07 euros.
- Resto (solo rústico): 0 euros.
2. Ocupación da vía pública con valados, cabaletes ou calquera outra instalación especializada, por metro cadrado ou fracción ao mes, calquera que sexa a súa categoría:
a) Ata seis meses: 1,07 euros.
b) De seis meses a un ano: 3,10 euros.
c) A partir dun ano deberá solicitarse a renovación do permiso ou licencia.
3. Ocupación da vía pública con puntais, vigas e outros elementos de apeo, por cada elemento e mes: as mesmas que as do apartado anterior.
4. Ocupación ou reserva especial da vía pública ou terreos de uso público que fagan os industriais con materias ou productos da industria ou comercio a que dediquen a súa actividade, comprendendo os guindastres, por ano e metro cadrado:
a) Ata 6 m de ocupación permanente: 27,89 euros.
b) De 6 a 10 m de ocupación permanente: 41,32 euros.
c) De máis de 10 m: 54,75 euros".