Melide - ORDENANZA REGULADORA Nº 13, DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, REFUGALLOS, VALADOS, PUNTAIS, VIGAS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
Artigo 1.-Natureza e fundamento.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
- Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
Artigo 6.-Beneficios fiscais.
Artigo 7.-Percepción.
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización do aproveitamento.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.-Liquidación.
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou co padrón anual de exaccións municipais.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Ingreso.
O pagamento desta taxa realizarse:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades de depósito que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou patrón, nas datas e entidades de depósito ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
Artigo 11.-Normas de xestión.
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidades interesadas no aproveitamento aboarán o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesa, podendo, no seu caso, prorratearse por meses.
Disposición final.
ANEXO
Primeiro.- Tarifa: a estrutura e contía desta taxa será a seguinte:
Segundo .- Data de aprobación: en sesión plenaria de 2 de novembro de 1998, modificacións:
(BOP nº 298, do 30/12/1998)
(BOP nº 267 do 20 de novembro de 2003)
(BOP nº 299 do 31 de decembro de 2003)
(BOP nº 267 19/11/2004 e BOP nº 300, 31/12/2004)
(BOP nº 298, do 30/12/2005)
(BOP nº 293, do 23/12/2006)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)
(BOP nº 298, 29/12/2008)