Laxe - ORDENANZA FISCAL N.º 5, REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS

Publicación provisional: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Publicación definitiva: 15/12/1998 BOP Nº: 286
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20, apartado 1, letra B) e apartado 4, letra a), e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida ou de que entendan a Administración ou as autoridades municipais.

2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocara polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.

3.-Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen, ou que redunde no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º .-Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.º .-Exencións subxectivas.

1.-Estarán exentos da presente taxa aqueles contribuíntes nos que concorran as seguintes circunstancias, debidamente acreditadas, a través da certificación correspondente outorgada polo titular da competencia oportuna:

a.) Ser declarados pobres por precepto legal.

b.) Estar inscritos no padrón de beneficencia como pobres de solemnidade.

c.) Obte-lo beneficio de xusticia gratuíta, no que respecta ós documentos administrativos que orixinen o devengo da taxa que estean directamente relacionados no procedemento xudicial no que se declara o dereito.

2.-Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos no apartado anterior, en normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón no artigo 9 da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 6.º .-Cota tributaria.

1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada según a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo ca tarifa que contén o artigo seguinte.

2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

3.-As cotas resultantes por aplicación da anterior tarifa incrementaranse nun 50 por 100 cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.

Artigo 7º .-Tarifas.

1.) Certificacións, informes, compulsas e comparecencias:

1.1.- Certificacións de documentos ou acordos municipais:

2.1.1- Relativas ao último quinquenio: 6,00 euros.

2.1.2- Anteriores ao último quinquenio: 18,00 euros.

2.) Documentos e expedientes relativos a servicios de urbanismo:

2.1.- Por cada expediente de declaración de ruina en edificios: 120,00 euros.

2.2.- Certificacións de informes emitidos por técnicos municipais, solicitadas a instancia de parte: 12,00 euros.

2.3.- Certificacións de cualificación urbanística: 180,00 euros.

3.) Documentos e expedientes relativos a servicios de contratación:

3.1.-Contratos administrativos de obra pública, servicio público ou innominados en xeral: 18,00 euros.

3.2.-Devolución de garantías constituídas por mor de calquera licitación municipal, por cada acto: 18,00 euros.

Laxe, 3 de xaneiro de 2005

Artigo 8.º .-Bonificacións da cota.

Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.

Artigo 9.º .-Devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo, que non se realizará sen que se efectúe o pago correspondente.

2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º , o devengo prodúcese cando teña lugar nas circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos, se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.

Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza derroga a aprobada polo pleno da corporación en sesión de data 8 de agosto de 1989, así como as modificacións aprobadas polo mesmo órgano mediante acordos plenarios de 23 de novembro de 1991 e 14 de outubro de 1995.

Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Esta ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número ..., de data ..., de ...de ...