Laxe - Ordenanza fiscal núm. 5 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos do Concello de Laxe
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 131.2 e 142 da Constitución e polo artigo 105 da Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, aténdose as súas normas ó previsto no artigo 20, apartado 1, letra B) e apartado 4, letra a), e no artigo 58 da xa citada Lei 39/1988.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida ou de que entendan a Administración ou as autoridades municipais.
2.-A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocara polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3.-Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal.
Artigo 3.º .-Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten, provoquen, ou que redunde no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
1.-A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada según a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo ca tarifa que contén o artigo seguinte.
2.- A cota de tarifa corresponde á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, desde a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
3.-As cotas resultantes por aplicación da anterior tarifa incrementaranse nun 50 por 100 cando os interesados solicitasen con carácter de urxencia a tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.
Artigo 7º.- Tarifas.
Epígrafe 1. Certificados e informes:
1.1.- Certificacións de resolucións ou acordos municipais:
1.1.1- Relativas ao último trienio: 4,00 euros.
1.1.2- Anteriores ao último trienio: 8,00 euros.
1.1.3- Anteriores a 1 de xaneiro de 1996: 10,00 euros
1.2.- Certificacións de informes emitidos por técnicos municipais: 25,00 euros.
1.3.- Certificados ou volantes de empadroamento:
1.3.1- Anteriores a 01/05/1996: 3,00 euros.
1.3.2- Posteriores a 01/05/1996: 2,00 euros.
1.4.- Informes de convivencia ou residencia: 1,00 euros.
1.5.- Outros informes ou certificados sen necesidade de informe técnico:3,00 euros.
Epígrafe 2. Documentos e expedientes relativos a servizos de urbanismo:
2.1.- Por tramitación de expediente de declaración de ruína: 120,00 euros.
2.2.- Certificacións ou informes de cualificación ou clasificación urbanística: 30,00 euros.
2.3.- Por tramitación de expediente de actos de uso do solo ou subsolo suxeito a licencia: 20,00 euros.
2.4.- Por tramitación de expediente suxeitos a intervención municipal de comunicación previa: 5,00 euros.
2.5.- Por tramitación de expediente acreditativo da antigüidade das edificacións ou sobre incoación ou non de expediente de reposición de legalidade ou sancionador: 30,00 euros.
2.6.- Por tramitación de expediente de segregación, parcelación, agrupación e declaración de innecesariedade: 30,00 euros por parcela resultante ou previa á agrupación (non se computarán as parcelas resultantes destinadas a viais de cesión obrigatoria).
2.7.- Tramitación de expedientes de actividades suxeitos a comunicación previa ou declaración responsable: 5,00 euros
2.8.- Tramitación de expedientes de actividades suxeitos a: autorización ambiental integrada, avaliación de impacto ambiental, evaluación de incidencia ambiental ou as suxeitas a normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas: 15,00 euros.
2.9.- Tramitación de expedientes de prorrogas de licenzas: 10,00 euros.
2.10.-Tramitación de expedientes de desenvolvemento urbanístico:
2.10.1- Ámbitos con superficie de actuación <10.000m²: 600 €
2.10.2- Ámbitos con superficie de actuación >10.000m²: 1.000 €
2.10.3- Estudos de detalle: 150 €
2.11.- Expedientes de investigación de bens: 30,00€
Epígrafe 3. Documentos e expedientes relativos a servizos de contratación e concesións demaniais:
3.1.-Devolución de garantías constituídas por mor de calquera licitación municipal, por cada acto: 18,00 euros.
3.2.- Por formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 40,00euros.
Epígrafe 4. Dereitos de exame:
4.1.- Prazas do Grupo A1/A2/B ou asimiladas: 15,00€
4.2.- Outras prazas: 5,00€
Epígrafe 5. Por copias de documentos illados dun expediente administrativo ou expediente completo.
5.1.- Copia de expediente completo: 70,00 €
5.2.- Copia de cada documento: 3,00€
Epígrafe 6. Tarifa reducida.-
Aplicarase unha tarifa reducida do 75% a aqueles contribuíntes nos que concorran algunha das seguintes circunstancias, debidamente acreditadas, a través da certificación correspondente outorgada polo departamento de Servizos Sociais:
a.) Persoas en risco de exclusión social
b.) Obte-lo beneficio de xustiza gratuíta, no que respecta ós documentos administrativos que orixinen o devengo da taxa que estean directamente relacionados no procedemento xudicial no que se declara o dereito.
Artigo 8.º .-Bonificacións da cota.
Non se concederá bonificación ningunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 9.º .-Devengo.
1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo, que non se realizará sen que se efectúe o pago correspondente.
2.-Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2.º , o devengo prodúcese cando teña lugar nas circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.
A taxa esixirase en réxime de autoliquidación polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou nestes mesmos, se aquel escrito non existira, ou a solicitude non fora expresa.
Artigo 11.º .-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente ordenanza derroga a aprobada polo pleno da corporación en sesión de data 8 de agosto de 1989, así como as modificacións aprobadas polo mesmo órgano mediante acordos plenarios de 23 de novembro de 1991 e 14 de outubro de 1995.
Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.