Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.
Artigo 1
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 da Lei 39/1988 de 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, de acordo co previsto no artigo 58 da devandita Lei 39/1988.
Artigo 2.- Feito impoñible
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que se expidan e dos expedientes que entendan os órganos de goberno deste Concello.
2. Enténdese tramitación a instancia de parte calquera documentación administrativa que sexa provocada polo particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non fora solicitado expresamente polo interesado.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou nos que redunden no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.- Devengo.
Esta taxa devengarase coa presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.
No caso a que se refire o artigo 2.2 o devengo producirase cando se inicie a tramitación dos documentos e expedientes por parte do Concello, sen previa solicitude do interesado, pero que redunden no seu beneficio.
Artigo 5.- Cuota tributaria.
A cuota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que se contén no artigo seguinte.
A cota da tarifa corresponde á tramitación completa en cada instancia do documento ou expediente de que se trate, dende o seu comezo ata a súa resolución final.
Artigo 6.- Bases de imposición e tipos de gravame.
Bases de imposición e tipos de gravame. As bases de imposición e tipos de gravame son os recollidos nas tarifas seguintes:
1.º .-Compulsa de documentos ou cotexo: 200 ptas.
2.º .-Cambios de titularidade en licencias de apertura: 6.000 pesetas.
3.º .-Por cada proposición para tomar parte en contratación de obras, suministros ou servicios: 5.000 pesetas.
4.º .-Por cada bastanteo de poderes: 200 pesetas.
5.º .-Informes urbanísticos: 5.000 pesetas.
6.º .-Por devolución de avales: 3.000 pesetas.
7.º .-por cada expedición de certificacións de antigüidade, para os efectos de inscrición no Rexistro da Propiedade, o mesmo importe que correspondería polo imposto sobre construccións, instalacións e obras, no caso de poder ser expedida licencia municipal incrementado nun 20%.
Artigo 7.- Liquidación e recadación.
Esta taxa liquidarase en réxime de autoliquidación polo procedemento de selo municipal estampado no escrito da solicitude de tramitación do documento ou expediente, ingresando o importe correspondente nas dependencias municipais de recadación do Concello ou entidade bancaria colaboradora.
O xustificante de ingreso acompañarase á solicitude, sendo requisito imprescindible para dar trámite á mesma.
Os escritos recibidos polos conductos a que se fai referencia no artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para o que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, con apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude sen máis trámites.
Artigo 8.- Infraccións e sanción.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponda a cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.