Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.

Publicación provisional: 01/07/1998 BOP Nº: 149
Publicación definitiva: 01/07/1998 BOP Nº: 149
Aplicable dende: 29/03/2012

Artigo 1.-

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, de acordo co previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.

Artigo 2.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que se expidan e dos expedientes que entendan os órganos de goberno deste Concello.

2. Enténdese tramitación a instancia de parte calquera documentación administrativa que sexa provocada polo particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non fora solicitado expresamente polo interesado.

3. A tramitación dos documentos e expedientes necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais non estarán sometidos a esta taxa, como tampouco as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra as resolucións de calquera clase e os relativos á prestación de servicios ou a realización de actividades de competencia do Concello.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou nos que redunden no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.- Devengo.

Esta taxa devengarase coa presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.

No caso a que se refire o artigo 2.2 o devengo producirase cando se inicie a tramitación dos documentos e expedientes por parte do Concello, sen previa solicitude do interesado, pero que redunden no seu beneficio.

Artigo 5.- Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que se contén no artigo seguinte.

A cota da tarifa corresponde á tramitación completa en cada instancia do documento ou expediente de que se trate, dende o seu comezo ata a súa resolución final.

Artigo 6.- Tarifas

As tarifas de esta taxa son as seguintes:

A) DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLA POLICÍA MUNICIPAL

Informes, dilixencias e demais documentos expedidos pola Policía Local

Con desprazamento

15,00 €

Sen desprazamento

10,00 €

Copia autenticada dos atestados de accidentes de circulación tramitados polos axentes da Policía Local

18,00 €

Certificacións sobre sinais ou situacións de tráfico

Sen plano

6,00 €

Con plano

9,00 €

B) EMPADROAMENTO DE HABITANTES

Certificados de empadroamento

2,50 €

Certificados ou informes de convivencia e residencia

2,50 €

Outros certificados ou informes

5,00 €

C) CERTIFICACIÓNS E COMPULSAS

Certificación de documentos ou acordos municipais do ano en curso

2,50 €

Certificación de documentos ou acordos municipais de anos anteriores

5,00 €

Cando a certificación requira traballo de arquivo, as cotas incrementaranse nas seguintes cantidades, sumada á establecida ut supra, de xeito que a contía da taxa actual se incrementará na cantidade que se sinala na fracción de anos en que coincida

1995-1991

1,20 €

1990-1986

1,80 €

1985-1981

2,40 €

1980-1976

3,00 €

1975-1971

3,60 €

1970-1961

4,20 €

1960-1951

6,00 €

1950-cara atrás

9,00 €

Bastanteo de poderes

10,00 €

Polo bastanteo de poderes que surtan efectos nas Oficinas Municipais

30,00 €

Dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos

Pola primeira dilixencia

1,00 €

Polas seguintes

0,30 €

No caso de entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello

0,10 €

Exemplar de ordenanzas fiscais

10,00 €

Por cada documentos que se expida en fotocopia, a petición dos particulares

Por cada folio en formato A4, branco e negro, por unidade

0,05 €

Por cada folio en formato A4, a cor, por unidade

0,20 €

Por cada folio en formato A3, branco e negro, por unidade

0,10 €

Por cada folio en formato A3, a cor, por unidade

0,25 €

Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, cambio de titularidade ou semellantes

Con informe técnico:

75,00 €

Sen informe técnico

30,00 €

D) DOCUMENTOS RELATIVOS A SERVIZOS DE URBANISMO

Certificacións expedidas para testimoniar nas escrituras de declaración de obra nova rematada

60,00 €

Certificados sobre o estado de edificios

60,00 €

Certificacións de aliñacións ou de servizos urbanísticos existentes

12,00 €

Planos obrantes nas dependencias municipais, por cada copia

4,00 €

Proposicións presentadas a procedementos de licitación pública

30,00 €

Por cada expediente de declaración de ruína de edificios

90,00 €

Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos a instancia de parte

Con visita de comprobación

75,00 €

Sen visita de comprobación

30,00 €

Polas certificacións ou informes a incluír en expedientes de solicitude de subvencións de rehabilitación, acondicionamento ou reconstrucción de vivendas rurais

10,00 €

Por cada expediente de resolución sobre solicitude de recoñecemento de explotacións agrícolas e gandeiras

Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexa menor ou igual a 500m2

50,00 €

Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies estea comprendida entre 501m2 e os 1000m2

60,00 €

Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexa superior a 1.000m2

90,00 €

Outras certificacións ou informes urbanísticos

75,00 €

Certificacións gráficas e descriptivas catastrais emitidas a favor de persoas non empadroadas relativas tanto a bens situados dentro como fora do Concello

30,00 €

Copias dixitalizadas do Plan Xeral de Ordenación Municipal

100,00 €

Certificacións ou informes sobre edificios, solares, antigüidade ou propietarios e actuacións similares, por cada edificio, solar ou similar

30,00 €

Certificacións de autorizacións de segregación de parcelas, por cada parcela resultante

30,00 €

E) CONTRATACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS

Constitución, substitución e devolución de fianzas definitivas para licitacións e obras municipais, por cada acto

30,00 €

Constitución, substitución e devolución de garantías para reposición, por cada acto

30,00 €

F) SOLICITUDES PARA TOMAR PARTE NOS PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN E PROMOCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO OU LABORAL FIXO

Dereitos de exame

Grupo A1 ou asimilado

25,00 €

Grupo A2 ou asimilado

25,00 €

Grupo C1 ou asimilado

20,00 €

Grupo C1 ou asimilado

20,00 €

Outras agrupacións profesionais ou asimilados

15,00 €

G) OUTROS EXPEDIENTES E DOCUMENTOS

Por cada expediente para a celebración dos actos de boda civil no Concello

90,00 €

Expedición e revisión de tarxetas de armas de aire comprimido ou análogas, sexan permanentes ou temporais, por cada unha

6,00 €

Expedición de carnés polo departamento de medio ambiente ou outros servizos municipais

30,00 €

Expedición do carné de vendedor ambulante

30,00 €

Expedición de tarxetas de taxi

30,00 €

 

Artigo 7.- Liquidación e recadación.

Esta taxa liquidarase en réxime de autoliquidación polo procedemento de selo municipal estampado no escrito da solicitude de tramitación do documento ou expediente, ingresando o importe correspondente nas dependencias municipais de recadación do Concello ou entidade bancaria colaboradora.

O xustificante de ingreso acompañarase á solicitude, sendo requisito imprescindible para dar trámite á mesma.

Os escritos recibidos polos conductos a que se fai referencia no artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para o que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, con apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude sen máis trámites.

Artigo 8.- Infraccións e sanción.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponda a cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.