Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS.
Artigo 1.-
Artigo 2.- Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que se expidan e dos expedientes que entendan os órganos de goberno deste Concello.
2. Enténdese tramitación a instancia de parte calquera documentación administrativa que sexa provocada polo particular ou que redunde no seu beneficio, aínda que non fora solicitado expresamente polo interesado.
3. A tramitación dos documentos e expedientes necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais non estarán sometidos a esta taxa, como tampouco as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra as resolucións de calquera clase e os relativos á prestación de servicios ou a realización de actividades de competencia do Concello.
Artigo 3.- Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que carentes de personalidade xurídica constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou nos que redunden no seu interese a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4.- Devengo.
Esta taxa devengarase coa presentación da solicitude que inicie a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos á taxa.
No caso a que se refire o artigo 2.2 o devengo producirase cando se inicie a tramitación dos documentos e expedientes por parte do Concello, sen previa solicitude do interesado, pero que redunden no seu beneficio.
Artigo 5.- Cota tributaria.
A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa, segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que se contén no artigo seguinte.
A cota da tarifa corresponde á tramitación completa en cada instancia do documento ou expediente de que se trate, dende o seu comezo ata a súa resolución final.
Artigo 6.- Tarifas
As tarifas de esta taxa son as seguintes:
A) DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLA POLICÍA MUNICIPAL | |
Informes, dilixencias e demais documentos expedidos pola Policía Local | |
Con desprazamento | 15,00 € |
Sen desprazamento | 10,00 € |
Copia autenticada dos atestados de accidentes de circulación tramitados polos axentes da Policía Local | 18,00 € |
Certificacións sobre sinais ou situacións de tráfico | |
Sen plano | 6,00 € |
Con plano | 9,00 € |
B) EMPADROAMENTO DE HABITANTES | |
Certificados de empadroamento | 2,50 € |
Certificados ou informes de convivencia e residencia | 2,50 € |
Outros certificados ou informes | 5,00 € |
C) CERTIFICACIÓNS E COMPULSAS | |
Certificación de documentos ou acordos municipais do ano en curso | 2,50 € |
Certificación de documentos ou acordos municipais de anos anteriores | 5,00 € |
Cando a certificación requira traballo de arquivo, as cotas incrementaranse nas seguintes cantidades, sumada á establecida ut supra, de xeito que a contía da taxa actual se incrementará na cantidade que se sinala na fracción de anos en que coincida | |
1995-1991 | 1,20 € |
1990-1986 | 1,80 € |
1985-1981 | 2,40 € |
1980-1976 | 3,00 € |
1975-1971 | 3,60 € |
1970-1961 | 4,20 € |
1960-1951 | 6,00 € |
1950-cara atrás | 9,00 € |
Bastanteo de poderes | 10,00 € |
Polo bastanteo de poderes que surtan efectos nas Oficinas Municipais | 30,00 € |
Dilixencia de compulsa ou cotexo de documentos | |
Pola primeira dilixencia | 1,00 € |
Polas seguintes | 0,30 € |
No caso de entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello | 0,10 € |
Exemplar de ordenanzas fiscais | 10,00 € |
Por cada documentos que se expida en fotocopia, a petición dos particulares | |
Por cada folio en formato A4, branco e negro, por unidade | 0,05 € |
Por cada folio en formato A4, a cor, por unidade | 0,20 € |
Por cada folio en formato A3, branco e negro, por unidade | 0,10 € |
Por cada folio en formato A3, a cor, por unidade | 0,25 € |
Por expedición de certificacións e informes en expedientes de traspaso, cambio de titularidade ou semellantes | |
Con informe técnico: | 75,00 € |
Sen informe técnico | 30,00 € |
D) DOCUMENTOS RELATIVOS A SERVIZOS DE URBANISMO | |
Certificacións expedidas para testimoniar nas escrituras de declaración de obra nova rematada | 60,00 € |
Certificados sobre o estado de edificios | 60,00 € |
Certificacións de aliñacións ou de servizos urbanísticos existentes | 12,00 € |
Planos obrantes nas dependencias municipais, por cada copia | 4,00 € |
Proposicións presentadas a procedementos de licitación pública | 30,00 € |
Por cada expediente de declaración de ruína de edificios | 90,00 € |
Por cada certificación ou informe que se expida polos servizos urbanísticos a instancia de parte | |
Con visita de comprobación | 75,00 € |
Sen visita de comprobación | 30,00 € |
Polas certificacións ou informes a incluír en expedientes de solicitude de subvencións de rehabilitación, acondicionamento ou reconstrucción de vivendas rurais | 10,00 € |
Por cada expediente de resolución sobre solicitude de recoñecemento de explotacións agrícolas e gandeiras | |
Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexa menor ou igual a 500m2 | 50,00 € |
Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies estea comprendida entre 501m2 e os 1000m2 | 60,00 € |
Para as construccións ou instalacións nas que a suma de superficies sexa superior a 1.000m2 | 90,00 € |
Outras certificacións ou informes urbanísticos | 75,00 € |
Certificacións gráficas e descriptivas catastrais emitidas a favor de persoas non empadroadas relativas tanto a bens situados dentro como fora do Concello | 30,00 € |
Copias dixitalizadas do Plan Xeral de Ordenación Municipal | 100,00 € |
Certificacións ou informes sobre edificios, solares, antigüidade ou propietarios e actuacións similares, por cada edificio, solar ou similar | 30,00 € |
Certificacións de autorizacións de segregación de parcelas, por cada parcela resultante | 30,00 € |
E) CONTRATACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS | |
Constitución, substitución e devolución de fianzas definitivas para licitacións e obras municipais, por cada acto | 30,00 € |
Constitución, substitución e devolución de garantías para reposición, por cada acto (excepto as garantías establecidas na Ordenanza reguladora do uso de instalacións de propiedade municipal e dependentes da Concellería de Cultura do Concello de Negreira, que se declaran exentas) | 30,00 € |
F) SOLICITUDES PARA TOMAR PARTE NOS PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN E PROMOCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO OU LABORAL FIXO | |
Dereitos de exame | |
Grupo A1 ou asimilado | 25,00 € |
Grupo A2 ou asimilado | 25,00 € |
Grupo C1 ou asimilado | 20,00 € |
Grupo C1 ou asimilado | 20,00 € |
Outras agrupacións profesionais ou asimilados | 15,00 € |
G) OUTROS EXPEDIENTES E DOCUMENTOS | |
Por cada expediente para a celebración dos actos de boda civil no Concello | 90,00 € |
Expedición e revisión de tarxetas de armas de aire comprimido ou análogas, sexan permanentes ou temporais, por cada unha | 6,00 € |
Expedición de carnés polo departamento de medio ambiente ou outros servizos municipais | 30,00 € |
Expedición do carné de vendedor ambulante | 30,00 € |
Expedición de tarxetas de taxi | 30,00 €
|
Artigo 7.- Liquidación e recadación.
Esta taxa liquidarase en réxime de autoliquidación polo procedemento de selo municipal estampado no escrito da solicitude de tramitación do documento ou expediente, ingresando o importe correspondente nas dependencias municipais de recadación do Concello ou entidade bancaria colaboradora.
O xustificante de ingreso acompañarase á solicitude, sendo requisito imprescindible para dar trámite á mesma.
Os escritos recibidos polos conductos a que se fai referencia no artigo 66 da Lei de Procedemento Administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para o que se requirirá ó interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, con apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude sen máis trámites.
Artigo 8.- Infraccións e sanción.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas lles corresponda a cada caso, estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O Pleno da Corporación, con data de 12 de abril de 2021, acordou a aprobación provisional da suspensión da aplicación, durante o vindeiro exercicio 2022, da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos.
Publicada con data 10 de xuño de 2021 no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de trinta días hábiles sen que se presentasen reclamacións, considérase aprobada definitivamente a suspensión da aplicación da citada Ordenanza fiscal.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 48 de 10/03/2023:
O Pleno da Corporación, con data de 09 de xaneiro de 2023, acordou a aprobación provisional da suspensión da aplicación, durante o exercicio 2023, da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos.
Publicada con data 13 de xaneiro de 2023 no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo de trinta días hábiles sen que se presentasen reclamacións, considérase aprobada definitivamente a suspensión da aplicación da citada Ordenanza Fiscal.