Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 22, REGULADORA DA TAXA POR POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO E INDUSTRIAS DA RÚA E AMBULANTES

Publicación provisional: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 27/12/2001

Artigo 6.-Tarifas.

1.-A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

a) Tarifa primeira:

- Para as licencias expedidas para o feirón de Sta. Icía ou para a Feira do Trece: 6,25 euros/anuais (1.040 pesetas/anuais).

b) Tarifa segunda:

- Para feiróns e feiras, por posto: 0,65 euros/metro lineal (108 pesetas/metro lineal).

- Para as restantes licencias de venda ambulante expedidas con carácter permanente para as zonas autorizadas do Concello: 62,50 euros/ano (10.400 pesetas/ano).

- Para as polbeiras: 93,75 euros/feira (15.599 pesetas/feira).

Se fosen postos de venda de productos do agro elaborados artesanalmente non estarán suxeitos á presente taxa.

Sen embargo, no ano da alta e no da baixa a cota prorratearase por trimestre.

c) Tarifa terceira:

Os aproveitamentos distintos dos anteriores que ocupen a vía pública ou terreos de uso público con espectáculos ou atraccións: 0,05 euros metro cadrado/día (8 pesetas metro cadrado/día).

2.-Ó abeiro do artigo 8 da Lei 8/89, do 13 de abril, en situacións de escasa capacidade económica, as tarifas contidas no punto anterior reduciranse nun 50%.

Para os efectos de obte-la dita reducción, deberá cumprimentarse o impreso que facilitará ó Servicio correspondente, achegando copia da última declaración do IRPF.

3.- En situacións de absoluta imposibilidade económica para satisface-las tarifas anteriores, se prestarán os servicios gratuitamente, previo informe da Área de Servicios Sociais."