Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 22, REGULADORA DA TAXA POR POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO E INDUSTRIAS DA RÚA E AMBULANTES

Publicación provisional: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 6.-Tarifas.

1.- A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:

a) Tarifa primeira:

- Para as licencias expedidas para o feirón de Sta. Icía e a Gándara e para a feira do trece.

 

6,90 €/anuais

b) Tarifa segunda:

- Para feiróns e feiras, por posto

0,75 €/metro lineal

- Para as restantes licencias de venda ambulante expedidas con carácter permanente para as zonas autorizadas do concello

 

69,00 €/ano

- Para as polbeiras:

103,40 €/feira

Se fosen postos de venda de productos do agro elaborados artesanalmente non estarán suxeitos á presente taxa.

Sen embargo, no ano da alta e no da baixa a cota ratearase por trimestre.

c) Tarifa terceira:

Os aproveitamentos distintos dos anteriores que ocupen a vía pública ou terreos de uso público con espectáculos ou atraccións:

0,07 € metro cadrado/día