Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 22, REGULADORA DA TAXA POR POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS OU ATRACCIÓNS SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO E INDUSTRIAS DA RÚA E AMBULANTES

Publicación provisional: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Publicación definitiva: 27/12/2001 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 6.-Tarifas.

1.-A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
a) Tarifa primeira:
- Para as licencias expedidas para o feirón de Sta. Icía e a Gándara e para a feira do trece 6,65 euros/anuais
b) Tarifa segunda:
- Para feiróns e feiras, por posto 0,72 euros/metro lineal
- Para as restantes licencias de venda ambulante expedidas con carácter permanente para as zonas autorizadas do concello 66,70 euros/ano
- Para as polbeiras: 100,00 euros/feira
Se fosen postos de venda de productos do agro elaborados artesanalmente non estarán suxeitos á presente taxa
Sen embargo, no ano da alta e no da baixa a cota ratearase por trimestre
c) Tarifa terceira:
Os aproveitamentos distintos dos anteriores que ocupen a vía pública ou terreos de uso público con espectáculos ou atraccións: 0,06 euros metro cadrado/día

 

2.-Ó abeiro do artigo 8 da Lei 8/89, do 13 de abril, en situacións de escasa capacidade económica, as tarifas contidas no punto anterior reduciranse nun 50 por cento.

Para os efectos de obte-la dita reducción, deberá cumprimentarse o impreso que facilitará ó servicio correspondente, achegando copia da última declaración do IRPF.

 

3.-En situacións de absoluta imposibilidade económica para satisface-las tarifas anteriores, se prestarán os servicios gratuitamente, previo informe da área de servicios sociais.