Carballo - TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS

Publicación provisional: 22/12/1995 BOP Nº: 292
Publicación definitiva: 22/12/1995 BOP Nº: 292
Aplicable dende: 22/12/1995

Art. 1.- Fundamento e natureza.

No uso das facultades conferidas pola Constitución e polo art. 106 da Lei 7/85 de 2 de Abril de Bases de Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 de Lei 39/88 reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa pola expedición de documentos administrativos" que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo ó prevenido no art. 58 da Lei 39/88.

Art. 2.- Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda ou coñeza a Administración Municipal.

2. A estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3. Non están suxeitos a esta taxa os documentos ou certificacións que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou 1iibunais para toda clase de pleitos.

Art. 3.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades as que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten ou provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Art. 4.- Responsables.

Serán aplicables as normas de responsabilidade solidaria e subsidiaria establecidas nos artigos 37 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Art. 5.- Exencións.

Non se recoñece beneficio ou exención algunha, agás aquelas que veñan recollidas en normas con rango de lei ou as que resulten da aplicación dos 1iatados Internacionais ratificados polo Estado.

Art. 6.- Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que contén o artigo seguinte.

Art. 7.- Tarifa.

1. A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:

-Certificacións de empadroamento no censo vixente: 100 ptas.

-Certificados de convivencia e residencia: 100 ptas.

-Certificacións de empadroamentos en Padróns ant: 500+ 200 ptas. por cada Padrón anterior.

-Certificacións de docum. de acordos municipais: 1.000 ptas.

-Resto de certificacións: 1.000 ptas.

-Certificacións expedidas para testimoniar nas escrituras de declaración de obra nova rematada: 10.000 ptas.

-Certificados sobre o estado de edificios: 10.000 ptas.

-Certificacións de aliñacións ou de servicios urbanísticos existentes: 2.000 ptas.

-Outras certificacións urbanísticas: 2.000 ptas.

2. Cando a certificación requira traballo de arquivo, as cotas incrementaranse, acumulativamente. nas seguintes cantidades:

1995-1990: 200 ptas.

1990-1985: 200 ptas.

1985-1980: 200 ptas.

1980-1975: 200 ptas.

1975-1970: 200 ptas.

1970-1960: 200 ptas.

Anos anteriores: 200 ptas máis por cada dez anos de antiguedade. Nos anos anteriores a 1900, aplicarase a cota desde o último.

Artigo 8.- Criterios xenéricos de capacidade económica.

As cotas indicadas no párrafo anterior aplicaráselles unha reducción do 90% no caso de que os contribuíntes persoas físicas teñan escaseza de recursos económicos, sempre que así acredite un informe do Asistente Social do Concello e previa solicitude do interesado.

Art. 9.- Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.

2. Nos casos os que se refire o número 2 do articulo 2., o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta comece sen a previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

3. Non se devengará  esta taxa cando a actividade administrativa este suxeita a calquera outra taxa esixida por este Concello.

Art. 10.- Liquidación e ingreso.

A taxa liquidarase polo funcionario que reciba a solicitude no momento de rexistra-la entrada da mesma e esixirase o pago nese mesmo intre. En todo caso, o pago será condición previa para poder retira-lo documento ou certificación solicitada.

Art. 11.- Infraccións e sancións.

Para todo o relativo a calcificación de infraccións tributarias e as correspondentes sancións, rexerá o disposto no art. 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición adicional

As cotas tributarias fixadas no artigo 7 desta Ordenanza modificarase anualmente dacordo coa variación do Índice de Prezos o Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto a centena superior ou inferior

Disposición final.

A presente Ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.