Carballo - TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS
Art. 1.- Fundamento e natureza.
Art. 2.- Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenrolada con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda ou coñeza a Administración Municipal.
3. Non están suxeitos a esta taxa os documentos ou certificacións que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xulgados ou 1iibunais para toda clase de pleitos.
Art. 3.- Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as Entidades as que se refire o art. 33 da Lei Xeral Tributaria que soliciten ou provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Art. 4.- Responsables.
Serán aplicables as normas de responsabilidade solidaria e subsidiaria establecidas nos artigos 37 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Art. 5.- Exencións.
Non se recoñece beneficio ou exención algunha, agás aquelas que veñan recollidas en normas con rango de lei ou as que resulten da aplicación dos 1iatados Internacionais ratificados polo Estado.
Art. 6.- Cota tributaria.
Art. 7.- Tarifa.
1. A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:
- Certificados de convivencia e residencia: 1.000 pesetas.
- Certificacións de empadroamentos en padróns ant.: 500+200 pesetas por cada padrón anterior.
- Certificacións de docum. de acordos municipais: 1.000 pesetas.
- Certificacións expedidas para testimoniar nas escrituras de declaración de obra nova rematada: 10.000 pesetas.
- Certificados sobre o estado de edificios: 10.000 pesetas.
- Certificacións de aliñacións ou de servicios urbanísticos existentes: 2.000 pesetas.
- Outras certificacións urbanísticas: 2.000 pesetas.
- Copia autenticada dos atestados de accidentes de circulación tramitados polos axentes da Policía Local: (1) 2.000 pesetas.
2. Cando a certificación requira traballo de arquivo, as cotas incrementaranse, acumulativamente, nas seguintes cantidades:
1995-1990: 200 pesetas.
1990-1985: 200 pesetas.
1985-1980: 200 pesetas.
1980-1975: 200 pesetas.
1975-1970: 200 pesetas.
1970-1960: 200 pesetas.
Anos anteriores: 200 pesetas. mais por cada dez anos de antigüidade. Nos anos anteriores a 1900, aplicarase a cota deste último.
Artigo 8.- Criterios xenéricos de capacidade económica.
As cotas indicadas no párrafo anterior aplicaráselles unha reducción do 90% no caso de que os contribuíntes persoas físicas teñan escaseza de recursos económicos, sempre que así acredite un informe do Asistente Social do Concello e previa solicitude do interesado.
Art. 9.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos os que se refire o número 2 do articulo 2., o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta comece sen a previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
3. Non se devengará esta taxa cando a actividade administrativa este suxeita a calquera outra taxa esixida por este Concello.
Art. 10.- Liquidación e ingreso.
A taxa liquidarase polo funcionario que reciba a solicitude no momento de rexistra-la entrada da mesma e esixirase o pago nese mesmo intre. En todo caso, o pago será condición previa para poder retira-lo documento ou certificación solicitada.
Art. 11.- Infraccións e sancións.
Para todo o relativo a calcificación de infraccións tributarias e as correspondentes sancións, rexerá o disposto no art. 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición adicional
As cotas tributarias fixadas no artigo 7 desta Ordenanza modificarase anualmente dacordo coa variación do Índice de Prezos o Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto a centena superior ou inferior
Disposición final.
A presente Ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.