Cambre - ORDENANZA FISCAL Nº 7. -REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS URBANÍSTICAS

Publicación provisional: 21/11/1998 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/1998 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local , e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece a "taxa por licencias urbanísticas", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real decreto lexislativo 2/2004.

Artículo 2.º .-Hecho imponible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na devandita Lei e nas Normas subsidiarias de planeamento.

2. Non estarán suxeitas a esta taxa as obras de mero ornato, conservación e reparación  que se realicen no interior das vivendas.

Artigo 3º. - Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria:

a) Solicitantes da respectiva licencia.

b) Executantes das instalacións, construccións e obras cando se procedera sen a preceptiva licencia.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os constructores e contratistas das obras.

Artigo 4º. - Responsables.

Serán responsables solidarios cos suxeitos pasivos os propietarios ou poseedores, ou, no seu caso, arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construccións, instalacións ou obras.

Artigo 5º. - Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

 

2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artículo 6.º .-Tarifa.

1. A tarifa a que se refiere o artigo anterior estructúrase da seguinte forma:

 

CONCEPTO COTA
Obras de nova planta, ampliación, reconstrucción ou mellora:
Vivendas unifamiliares 0,50 % sobre P.E.M.
Vivendas plurifamiliares 3,50 euros/ m2
Naves, locais e outras instalacións: 200 primeiros m2 400,00 euros

Resto m2 0,90 euros/ m2
Parcelacións e segregacións urbanísticas: 0,05 euros/ m2
Licencias de primeira ocupación:
Vivendas unifamiliares 120,00 euros
Vivendas plurifamiliares 120,00 euros/ vivenda
Naves locais e outras instalacións: 200 primeiros m2

Resto m2 0,30 euros/ m2
Demolición de construccións e movemento de terras: 1 % do P.E.M.
Outras obras non descritas en apartados anteriores: 1 % do P.E.M.
Carteles visibles dende a vía pública: 15,00 euros/ m2
Cambios de titularidade: 60,00 euros
Resto de solicitudes non contidas noutros apartados: 200,00 euros

 

Aquelas cotas que se establezan en función dos metros cadrados, calcularanse, en todo caso, en función dos construídos.

2. Cando o que realice a obra teña o carácter de Asociación inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais, ou non tratándose de tales Asociacións o orzamento da obra non supere os 1.200,00 euros, a cota pola que se tributará será cero.

3. En caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente, serán:

a) Do 25 por cento das establecidas se a renuncia ou desistimento se producise no prazo dun mes a partir da solicitude.

b) Do 50 por cento se a renuncia ou desistimento se producise posteriormente a dito mes.

4. En todo caso, os importes sinalados neste artigo non inclúen o custo de inserción na prensa dos anuncios nos casos previstos na lei, debéndose liquidar de maneira separada e estando constituído o seu importe polas tarifas que se establecesen polos medios de difusión elixidos.

Artigo 7º. - Exencións.

Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que teñan ingresos anuais inferiores ó salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e referido a toda a unidade familiar.

Artigo 8º. - Devengo.

1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para os efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.

 

2. Cando as obras se iniciasen ou executasen sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.

3. No caso de que o acordo municipal de resolución do expediente, sexa denegatorio da licencia solicitada, non existirá devengo da taxa e polo tanto non nacerá a obriga de contribuir, procedendo, polo tanto, a devolución da cota ingresada en virtude do establecido no artigo 10 da presente ordenanza fiscal.

Artigo 9º. - Declaración.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de obras presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, achegando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, con especificación detallada da natureza da obra e lugar de emplazamento, na que se fará consta-lo importe estimado da obra, medicións e o destino do edificio.

 

2. Cando se trate de licencia para aqueles actos en que non sexa esixible a formulación

de proxecto suscrito por técnico competente, á solicitude achegarase un orzamento das obras  a  realizar, así como unha descripción detallada  da  superficie  afectada,  número de departamentos, materiais a emplegar e, en xeral, das características da obra ou acto, os datos da cal permitan comprobar o custo daqueles.

 

3. Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto deberá poñerse en coñecemento da Administración Municipal, achegando o novo orzamento ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación

Artigo 10.- Réxime de ingreso.

De acordo coa potestade recoñecida no artigo 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, establécese o réxime de autoliquidación da taxa, segundo o modelo establecido polo Concello. Para os efectos, o solicitante presentará xustificante de ter ingresado a cota tributaria ó mesmo tempo que insta o outorgamento da correspondente licencia urbanística.

As autoliquidacións, unha vez comprobadas, darán lugar a liquidación provisional ata que unha vez terminadas as obras, sexa comprobada pola Administración municipal a natureza da obra realizada, as súas unidades ou importe; requirirase para iso dos interesados as correspondentes certificacións de obra e demais elementos que se consideren oportunos, para a determinación do custo real final, obxecto de gravame. Á vista do resultado da comprobación practicarase a liquidación definitiva e en todo caso, conxuntamente coa licencia de 1ª utilización.

Artigo 11º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento."