Cambre - ORDENANZA FISCAL NÚM 8, REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.

Publicación provisional: 21/11/1998 BOP Nº: 268
Publicación definitiva: 31/12/2005 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 1º. - Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece a "taxa por licencias de apertura de establecementos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do devandito Real decreto lexislativo 2/2004.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 del Regulamento de servicios das corporacións locais.

2. Para os efectos, terá a consideración de apertura:

a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo as súas actividades.

b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.

c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.

d) Os traspasos e cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa, incluidos os cambios de denominación social.

3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:

a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril artesana, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó Imposto sobre actividades económicas, a excepción dos locais ocupados por profesionais.

b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamentos, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas ou estudios.

Artigo 3º. - Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, se desenvolva en calquera establecemento industrial ou mercantil.

Artigo 4º. - Responsables.

Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5º. - Cota tributaria.

1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

 

2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.

Artículo 6.º .-Tarifa.

1. As cotas tributarias determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:

Descrición: cota

Actividades de tramitación ordinaria:

Establecementos ou instalacións dos cales a superficie non supere os 100 m2: 300,00 euros

Establecementos ou instalacións dos cales a superficie supere os 100 m2:

- Unha cantidade fixa: 300,00 euros

- Unha cantidade variable: 1,00 euro/m2

Actividades de tramitación especial:

Establecementos ou instalacións dos cales o orzamento non supere os 15.000,00 euros:

- Con superficie non superior a 100 m2: 650,00 euros

- Con superficie superior a 100 m2:

Por 100 primeiros m2: 650,00 euros.

Por m2 adicional: 1,50 euros/m2

Establecementos ou instalacións dos cales o orzamento total supere os 15.000,00 euros:

- Con superficie non superior a 100 m2: 1.100,00 euros

- Con superficie superior a 100 m2:

Por 100 primeiros m2: 1.100,00 euros.

Por m2 adicional: 1,70 euros/m2

Resto de expedientes que afecten a vivendas: 150,00 euros/local

Resto de expediente que afecten a outros locais ou instalacións: 450,00 euros.

Instalación de antenas de telefonía móbil: 6.000,00 euros.

Cambios de titularidade: 60,00 euros.

 

2. Cando nun establecemento se exercesen varias actividades a efectos de cómputo de tarifas desta ordenanza, terase en conta a cota por esta taxa máis alta das que correspondan.

3. En caso de renuncia ou desistimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a liquidar, sempre que a actividade municipal se iniciase efectivamente, serán:

a) Do 25 por cento das establecidas se a renuncia ou desistimento se producise no prazo dun mes a partir da solicitude.

b) Do 50 por cento se a renuncia ou desistimento se producise posteriormente a dito mes.

 

Artigo 7º. - Exencións e bonificacións.

Non se concederá ninguna exención nin bonificación na exacción da taxa.

Artigo 8º.- Devengo

3. No caso de que o acordo municipal de resolución do expediente, sexa denegatorio da licencia solicitada, non existirá devengo da taxa e polo tanto non nacerá a obriga de contribuir, procedendo, polo tanto, a devolución da cota ingresada en virtude do establecido no artigo 10 da presente ordenanza fiscal.

Artigo 9º. - Declaración.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecementos industrial ou mercantil presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, achegando proxecto ou documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes.

 

2. Se despois de formulada solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal  establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle ou alcance que se esixe na declaración prevista no número anterior.

Artigo 10º. - Réxime de ingreso.

De acordo coa potestade recoñecida no artigo 27 do Real decreto lexislativo 2/2004, establécese o réxime de autoliquidación da taxa, segundo o modelo establecido polo Concello. Para os efectos, o solicitante presentará xustificante de ter ingresado a cota tributaria ó mesmo tempo que insta o outorgamento da correspondente licencia de apertura.

As liquidacións practicadas conforme ós datos declarados polo solicitante terán a consideración de provisionais, e, poderán ser comprobados pola Administración municipal.

Artigo 11º. - Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como nas sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria."