Coristanco - REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por licencia de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible
1.-Constitúe o feito imponible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2.-A tal efecto, terá a consideración de apertura:
A) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
B) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda continúe o mesmo titular.
C) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
A) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesanal, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó Imposto sobre Actividades Económicas.
B) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas na forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar, ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
1.-A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da actividade a desenrolar polo mesmo.
2.-A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
Tipo de establecemento | Tarifa |
1.-Grandes almacenes | 5.000,00 euros |
2.-Oficinas bancarias | 3.000,00 euros |
3.-Cines, teatros, salas de festa, discotecas e demais establecementos de natureza análoga | 3.000,00 euros |
4.-Hoteis, moteis, hostais, pensións e similares | 3.000,00 euros |
5.-Supermercados, economatos e cooperativas | 1.200,00 euros |
6.-Centros hospitalarios, colexios e demais centros de natureza análoga | 1.200,00 euros |
7.-Restaurantes, cafeterías, pubs e demais establecementos de natureza análoga | 600,00 euros |
8.-Despachos profesionais e demais establecementos de natureza análoga | 600,00 euros |
9.-Tendas de comestibles, roupa, calzado e demais establecementos análogos | 600,00 euros |
10.-Demais locais non expresamente tarifados | 300,00 euros |
11.-Actividades gandeiras independentes suxeitas ó Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas | 21,04 euros |
3.-Nos casos de variación ou ampliación de actividade a desenrolar no establecemento suxeito, da Tarifa que resulte por aplicación dos apartados anteriores deste artigo, deducirase o devengado por este concepto tributario con ocasión da primeira apertura e de ulteriores variacións ou ampliacións da actividade, así como da ampliación do local. A cantidade a ingresar será a diferencia resultante.
4.-Nos casos de cambio de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación que non requira informes técnicos:18,00 euros.
5.-No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licencia, as cotas a pagar será o 10% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal iniciarase efectivamente.
Artigo 6.-Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da Taxa.
Artigo 7.-Devengo
1.-Devengara a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2.-Cando a apertura xa tivera lugar sen obterse a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 8.-Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de alugueiro ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivera asignado valor catastral, ou prezo de adquisición ou custo de construcción do mesmo, no seu caso.
Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 9º .-Liquidación e ingreso
Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a Resolución Municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final
A presente Ordenanza Fiscal, cuia redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 10 de novembro de 2003, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.