Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 4, REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1.-Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por licencia de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2.-Feito imponible
1.-Constitúe o feito imponible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 do Regulamento de Servicios das Corporacións Locais.
2.-A tal efecto, terá a consideración de apertura:
A) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
B) A variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento, aínda continúe o mesmo titular.
C) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
3.-Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
A) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesanal, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó Imposto sobre Actividades Económicas.
B) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas na forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.-Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar, ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.-Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria
1.- A Cota tributaria se determinará de acordo coa seguinte tarifa:A) Licencias de tramitación ordinaria: 300,00 eurosB) Licencias para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, e outras de tramitación especial: 600,00 euros.C) Licencias para actividades ganaderas e agrícolas: 200,00 euros2.- A cota fixa establecida nos parágrafos a) e b) do artigo anterior, será incrementada , segundo o tipo de actividade por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolva a actividade:Coeficiente:Ata 50 metros cadrados: 1De 51 metros cadrados a 100 metros cadrados: 1,2De 101 metros cadrados a 250 metros cadrados : 1,4De 251 metros cadrados a 500 metros cadrados: 1,6De 501 metros cadrados a 1000 metros cadrados: 1,6Máis de 1000 metros cadrados: 2
Artigo 6.-Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da Taxa.
Artigo 7.-Devengo
1.-Devengara a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2.-Cando a apertura xa tivera lugar sen obterse a oportuna licencia, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 8.-Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local, acompañada do contrato de alugueiro ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivera asignado valor catastral, ou prezo de adquisición ou custo de construcción do mesmo, no seu caso.
Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 9º .-Liquidación e ingreso
Rematada a actividade municipal e unha vez dictada a Resolución Municipal que proceda sobre a licencia de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola Taxa, que será notificada o suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais utilizando os medios de pago e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 10.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.