Coristanco - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 4, REGULADORA DA TAXA POR LICENCIA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Tasa por licencia de apertura de establecementos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real Decreto lexislativo.
Artigo 2.- Feito Imponible
1.- Constitúe o feito imponible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industrais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calesquera outras exixidas polas correspondentes ordenanzas municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura de establecementos, así como a realización das actividades administrativas de control nos supostos nos que a esixencia de licenza fora substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.
2.- A tal efecto, terá a consideración de apertura:
A) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
B) A variación ou ampliación da actividade desenrolada mp establecemento, ainda continúe o mesmo titular.
C) A ampliación do establecemento e calquer alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, exixindo nova verificación das mesmas.
3.- Entenderase por establecimento industrial ou mercantil toda edificación habitable, esté ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
A) Se adique ó exercicio dalgunha actividade empresarial fabril, artesana, da construcción, comercial e de servicios que esté suxeita ó Imposto sobre Actividades Económicas.
B) Ainda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas na forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamento, como, por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursales de entidades xurídicas, escritorios, oficinas, despachos ou estudios.
Artigo 3.- Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos contribuintes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar, ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4.- Responsables
1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os Administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.- Cota tributaria
1.- A Cota tributaria se determinará de acordo coa seguinte tarifa:
A) Licencias de tramitación ordinaria: 300,00 euros
B) Declaracións responsables ou comunicacións previas para o exercicio de actividades
non sometidas a licencia: 300 euros.
C) Licencias para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, e outras de tramitación especial relativas a todo tipo de establecementos: 600,00 euros.
D) Licencias para actividades ganaderas e agrícolas: 200,00 euros.
2.- A cota fixa establecida nos parágrafos a) e b) do artigo anterior, será incrementada , segundo o tipo de actividade por un coeficiente segundo o número de metros cadrados do local onde se desenvolva a actividade:
Coeficiente:
Ata 50 metros cadrados: 1
De 51 metros cadrados a 100 metros cadrados: 1,2
De 101 metros cadrados a 250 metros cadrados : 1,4
De 251 metros cadrados a 500 metros cadrados: 1,6
De 501 metros cadrados a 1000 metros cadrados: 1,6
Máis de 1000 metros cadrados: 2
Artigo 6.- Exencións e bonificacións
Non se concederá exención nen bonificación algunha na exacción da Taxa, agás as expresamente previstas en normas con rango de lei e as derivadas da aplicación de tratados internacionais.
Artigo 7.- Devengo
1.- Devéngara a tasa e nace a obriga de contribuir, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data da presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta, ou no momento de presentación da correspondente comunicación previa ou declaración responsable.
2.- Cando a apertura xa tivera lugar sen obterse a oportuna licencia, ou sen a presentación da correspondente comunicación previa, a Taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións exixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para autorizar a apertura do establecemento ou decretar o seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3.- A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 8.- Declaración
As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecemento industrial ou mercantil presentarán previamente, no Rexistro Xeral, a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local, acompañada do contrato de alugueiro ou título de adquisición do local, indicando neste último caso se o local non tivera asignado valor catastral, ou precio de adquisición ou custo de construcción do mesmo, no seu caso.
Se despois de formulada a solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se exixen na declaración prevista no número anterior.
Artigo 9º.- Normas de xestión
1.- As taxas esixiranse en réxime de autoliquidación, cando medie solicitude de licencia do interesado, comunicación previa ou declaración responsable, e no suposto no que se inicie o expediente de oficio, por liquidación practicada pola administración municipal.
2.- No primeiro dos supostos, os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación nos impresos habilitados ao efecto pola administracións municipal e realiza-lo ingresos na conta municipal indicada, o cal deberá de acreditar no momento de presenta-la correspondente solicitude, ou comunicación previa ou declaración responsable.
É requisito imprescindible para a tramitación da correspondente solicitude á acreditación do pagamento íntegro da taxa.
3.- Cando os servizos municipais, comproben que se está desenvolvendo calquera actividade sen obter aa previa licencia preceptiva,ou sen terse presentado a comunicación previa ou a declaración responsable , considerarase o acto de comprobación como a iniciación do expediente, con obriga do suxeito pasivo de aboar a taxa establecida sen perxuicio da imposición da sanción que corresponda por infracción urbanística.
4. -O pago da autoliquidación presentada polo interesado ou da liquidación inicial notificada pola administración municipal terá carácter provisional e será a conta da liquidación definitiva que proceda, se esta fora necesaria.
Artigo 10.- Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICION FINAL
A presenta Ordenanza fiscal, cuxa modificación foi aprobada provisionalmente por el Pleno de la Corporación en sesión celebrada o 30 de setembro de 2021 entrará en vigor e será de aplicación no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.