Mugardos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro de auga
Artigo 6.º .-Cota tributaria
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida e dereitos de taladro á rede de auga, esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 19,78 euros por cada vivenda e local comercial.
2. A cota tributaria a esixir pola prestación do servicio de subministro de auga determinarase en función da cantidade medida en m3 consumida na finca ou edificación.
A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
Conceptos: euros
Tarifa 1.-Usos domésticos:
Mínimo consumo trimestral (30 m3): 0,20 euros/m3
De 1 m3 a 30 m3: 5,82 euros/trimestre
De máis de 30 m3 ata 60 m3: 0,35 euros/m3
De máis de 60 m3 en adiante: 0,63 euros/m3
Tarifa 2.- Usos comerciais e industriais
Mínimo consumo trimestral (30 m3): 0,31 euros/m3
De 1 m3 a 30 m3: 9,32 euros/trimestre
De máis de 30 m3 ata 9000 m3: 0,35 euros/m3
De máis de 9000 m3 en adiante: 0,60 euros/m3
O importe destas tarifas aplicarase o importe do IVE correspondente.
En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable; a cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo facturable.
Disposición final
A presente Ordenanza modificada foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.