Mugardos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo subministro de auga
Artigo 6.º .-Cota tributaria
1. A cota tributaria correspondente á concesión da licencia ou autorización de acometida e dereitos de taladro á rede de auga, esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 29,29 euros por cada vivenda e local comercial.
2. A cota tributaria a esixir pola prestación do servicio de subministro de auga determinarase en función da cantidade medida en m3. consumida na finca ou edificación.
A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
| CONCEPTOS | EUROS |
| Tarifa 1.- Usos domésticos | |
| Mínimo consumo trimestral (30 m3) | |
| De 1 m3 a 30 m3 | 5,97 euros/trimestre |
| De más de 30 m3 ata 60 m3 | 0,36 euros/m3 |
| De más de 60 m3 en adiante | 0,65 euros/m3 |
| Tarifa 2.- Usos comericias e industriais | |
| Mínimo consumo trimestral (30 m3) | |
| De 1 m3 a 30 m3 | 9,56 euros/trimestre |
| De máis de 30 m3 ata 9000 m3 | 0,36 euros/m3 |
| De máis de 9000 m3 en adiante | 0,62 euros/m3 |
O importe destas tarifas aplicarase o importe do IVE correspondente.
En ningún caso poderá tomarse un consumo de auga que sexa inferior ó mínimo facturable; a cota resultante da consideración deste consumo terá o carácter de mínimo facturable.
Disposición final
A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 10 de novembro de 2004, e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.