Narón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Artigo 1.-Normativa aplicable
O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 96.1 da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais, que se incrementaría pola aplicación sobre estas dun coeficiente do 1,44, polo que as cotas a satisfacer son as seguintes:
POTENCIA E CLASE DE VEHÍCULOS COTA: EUROS A) Turismos: De menos de 8 cabalos fiscais 18,23 euros De 8 ata 11,99 cabalos fiscais 49,18 euros De 12 ata 15,99 cabalos fiscais 103,88 euros De 16 ata 19,99 cabalos fiscais 129,32 euros De máis de 20 cabalos fiscais 161,71 euros B) Autobuses: De menos de 21 prazas 120,25 euros De 21 a 50 prazas 171,29 euros De máis de 50 prazas 214,09 euros C) Camións: De menos de 1.000 kg de carga útil 61,03 euros De 1.000 a 2.999 kg de carga útil 120,25 euros De máis de 2.999 a 9.999 kg de carga útil 171,29 euros De máis de 9.999 kg de carga útil 214,09 euros D) Tractores: De menos de 16 cabalos fiscais 25,54 euros De 16 a 25 cabalos fiscais 40,12 euros De máis de 25 cabalos fiscais 120,25 euros E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica: De menos de 1.000 kg e máis de 750 kg de carga útil 25,54 euros De 1.000 a 2.999 kg de carga útil 40,12 euros De máis de 2.999 kg de carga útil 120,25 euros F) Outros vehículos: Ciclomotores 6,39 euros Motocicletas ata 125 cc. 6,39 euros Motocicletas de máis de 125 ata 250 cc. 10,92 euros Motocicletas de máis de 250 ata 500 cc. 21,89 euros Motocicletas de máis de 500 ata 1.000 cc. 43,78 euros Motocicletas de máis de 1.000 cc. 87,45 euros
Artigo 2.
1.-Para a aplicación das tarifas, o concepto das diversas clases de vehículos será o recollido na Orde de 16 de xullo de 1984.
2.-En todo caso, a rúbrica xenérica de tractores á que se refire o epígrafe 4 das tarifas, comprende ós tractocamións e ós tractores de obras e servicios.
3.-A potencia fiscal expresada en cabalos fiscais establecerase de acordo co disposto no artigo 260 do Código de circulación.
4.-Para resolver as dubidas de cualificación que puidesen cuestionarse, utilizaranse subsidiariamente as seguintes normas:
Primeira.-Entenderase por furgoneta o resultado de adaptar un vehículos de turismo a transporte mixto de persoas e cousas mediante a supresión de asentos e cristais, alteración do tamaño ou disposición das portas ou outras alteracións que non modifiquen esencialmente o modelo do que se deriva. As furgonetas tributarán como turismo, de acordo coa súa potencia fiscal, salvo nos seguintes casos:
a) Se o vehículo estivese habilitado para o transporte de máis de nove persoas, incluído o conductor, tributará como autobús.
b) Se o vehículo estivese autorizado para transportar máis de 525 kilogramos de carga útil, tributará como camión.
Segunda.-Os motocarros terán a consideración, para os efectos deste imposto, de motocicletas, e polo tanto, tributarán pola capacidade da súa cilindrada.
Terceira.-No caso dos vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o que leve a potencia de arrastre e os remolques ou semirremolques arrastrados.
Cuarta.-No caso dos ciclomotores e remolques e semirremolques que pola súa capacidade non veñan obrigados a ser matriculados, consideraranse como aptos para a circulación dende o momento que se teña expedido a Certificación correspondente polo organismo competente ou, no seu caso, cando realmente estean en circulación.
Quinta.-As máquinas autopropulsadas que poidan circular polas vías públicas sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica tributarán polas tarifas correspondentes ós tractores.
Artigo 3.
O pagamento do imposto hase acreditar mediante:
- Carta de pagamento.
- Recibo tributario.
Artigo 4
1.-No caso de primeiras adquisicións de vehículos ou cando estes se reformen de xeito que altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán na oficina xestora correspondente, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, declaración-liquidación segundo o modelo determinado por este Concello, que conterá os elementos da relación tributaria imprescindible para a liquidación normal ou complementaria procedente así como a realización deste. Achegaranse á documentación acreditativa da compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
2.-Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación á que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
Artigo 5.
1.-No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, o pagamento das cotas anuais do imposto hase realizar dentro do primeiro semestre de cada exercicio.
2.-No suposto regulado no apartado anterior a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos que no permiso de circulación figure o domicilio neste Concello.
3.-O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ó público polo prazo de 15 días hábiles para os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
4.-A cota prorratearase por trimestre para os vehículos que se matriculen ó longo do exercicio.
5.-O importe poderá esixirse en réxime de autoliquidación.
Artigo 6.-Bonificacións
Unha bonificación do 100 por cento a prol dos vehículos que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
A bonificación prevista no apartado anterior, debe ser solicitada polo suxeito pasivo a partir do momento no que se cumpran as condicións esixidas para o seu goce.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2003 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.