Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 4 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Artigo 1.-Normativa aplicable
O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 da Lei reguladora das facendas locais, que se incrementará pola aplicación sobre estas dun coeficiente do 1,80 polo que as cotas que se han satisfacer son as seguintes:
POTENCIA E CLASE DE VEHÍCULOS
COTA/€
A) Turismos:
De menos de 8 cabalos fiscais
22,76 €
De 8 ata 11,99 cabalos fiscais
61,43 €
De 12 ata 15,99 cabalos fiscais
129,76 €
De 16 ata 19,99 cabalos fiscais
161,48 €
De máis de 20 cabalos fiscais
201,94 €
B) Autobuses:
De menos de 21 prazas
150,20 €
De
21 a 50 prazas 213,89 €
De máis de 50 prazas
267,26 €
C) Camións:
De menos de
1.000 Kg. de carga útil 76,23 €
De
1.000 a 2.999 Kg. de carga útil 150,20 €
De máis de
2.999 a 9.999 Kg. de carga útil 213,95 €
De máis de
9.999 Kg. de carga útil 267,26 €
D) Tractores:
De menos de 16 cabalos fiscais
31,88 €
De
16 a 25 cabalos fiscais 50,05 €
De máis de 25 cabalos fiscais
150,20 €
E) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción:
De menos de
1.000 Kg. e máis de 750 Kg.
de carga útil31,88 €
De
1.000 a 2.999 Kg. de carga útil 50,05 €
De máis de
2.999 Kg. de carga útil 150,20 €
F) Outros vehículos:
Ciclomotores
7,95 €
Motocicletas ata 125 c.c.
7,95 €
Motocicletas de máis de 125 ata 250 c.c.
13,54 €
Motocicletas de máis de 250 ata 500 c.c.
27,24 €
Motocicletas de máis de 500 ata 1.000 c.c.
54,64 €
Motocicletas de máis de 1.000 c.c.
109,21 €
Artigo 2.
1.-Para a aplicación das tarifas, o concepto das diversas clases de vehículos será o recollido na Orde de 16 de xullo de 1984.
2.-En todo caso, a rúbrica xenérica de tractores á que se refire o epígrafe 4 das tarifas, comprende ós tractocamións e ós tractores de obras e servicios.
3.-A potencia fiscal expresada en cabalos fiscais establecerase de acordo co disposto no artigo 260 do Código de circulación.
4.-Para resolver as dubidas de cualificación que puidesen cuestionarse, utilizaranse subsidiariamente as seguintes normas:
Primeira.-Entenderase por furgoneta o resultado de adaptar un vehículos de turismo a transporte mixto de persoas e cousas mediante a supresión de asentos e cristais, alteración do tamaño ou disposición das portas ou outras alteracións que non modifiquen esencialmente o modelo do que se deriva. As furgonetas tributarán como turismo, de acordo coa súa potencia fiscal, salvo nos seguintes casos:
a) Se o vehículo estivese habilitado para o transporte de máis de nove persoas, incluído o conductor, tributará como autobús.
b) Se o vehículo estivese autorizado para transportar máis de 525 kilogramos de carga útil, tributará como camión.
Segunda.-Os motocarros terán a consideración, para os efectos deste imposto, de motocicletas, e polo tanto, tributarán pola capacidade da súa cilindrada.
Terceira.-No caso dos vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o que leve a potencia de arrastre e os remolques ou semirremolques arrastrados.
Cuarta.-No caso dos ciclomotores e remolques e semirremolques que pola súa capacidade non veñan obrigados a ser matriculados, consideraranse como aptos para a circulación dende o momento que se teña expedido a Certificación correspondente polo organismo competente ou, no seu caso, cando realmente estean en circulación.
Quinta.-As máquinas autopropulsadas que poidan circular polas vías públicas sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica tributarán polas tarifas correspondentes ós tractores.
Artigo 3.
O pagamento do imposto hase acreditar mediante:
- Carta de pagamento.
- Recibo tributario.
Artigo 4
1.-No caso de primeiras adquisicións de vehículos ou cando estes se reformen de xeito que altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán na oficina xestora correspondente, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, declaración-liquidación segundo o modelo determinado por este Concello, que conterá os elementos da relación tributaria imprescindible para a liquidación normal ou complementaria procedente así como a realización deste. Achegaranse á documentación acreditativa da compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
2.-Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación á que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
Artigo 5.
1.-No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, o pagamento das cotas anuais do imposto hase realizar dentro do primeiro semestre de cada exercicio.
2.-No suposto regulado no apartado anterior a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos que no permiso de circulación figure o domicilio neste Concello.
3.-O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ó público polo prazo de 15 días hábiles para os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
4.-A cota prorratearase por trimestre para os vehículos que se matriculen ó longo do exercicio.
5.-O importe poderá esixirse en réxime de autoliquidación.
7. En relación á exención dos vehículos para persoas de mobilidade reducida (letra e do punto 6 anterior) o interesado deberá cumprir os requisitos e achegar a documentación que se indica de seguido:
1. Requisitos:
a) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
b) Os vehículos deben figurar a nome da persoa discapacitada.
c) O vehículo debe de ser para uso exclusivo da persoa discapacitada.
d) O beneficiario non pode gozar do beneficio fiscal por outro vehículo
2. Documentación:
a) Solicitude do interesado.
b) Orixinal ou fotocopia compulsada do certificado da discapacidade expedido polo órgano competente ou, na súa falta, acreditación da condición de pensionista da Seguridade Social que teña recoñecida unha pensión de incapacidade no grao de total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensionista de clases pasivas que teña recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) Fotocopia do permiso de circulación onde conste a titularidade do vehículo na persoa discapacitada.
d) Declaración do titular do vehículo facendo constar que non posúe ningún outro vehículo que teña concedido o beneficio fiscal que se solicita ou, no seu caso, renuncia deste facendo constar a matrícula do vehículo.
3. Prazos e lugar de presentación:
a) As solicitudes e documentación presentaranse en calquera das oficinas de Xestión Tributaria da Deputación provincial da Coruña, sitas en Narón, Ferrol ou A Coruña, ou no propio Rexistro Xeral do Concello de Narón.
b) A exención solicitada despregará os seus efectos a partir do 1 de xaneiro do ano inmediatamente posterior á súa concesión.
Artigo 6.-Bonificacións
Unha bonificación do 100 por cento a prol dos vehículos que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
A bonificación prevista no apartado anterior, debe ser solicitada polo suxeito pasivo a partir do momento no que se cumpran as condicións esixidas para o seu goce.
Disposición final
A modificación da presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2013 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.