Narón - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
Artigo 1.-Normativa aplicable
POTENCIA E CLASE DE VEHÍCULOS | COTA/€ |
A) Turismos: | |
De menos de 8 cabalos fiscais | 21,60 |
De 8 ata 11,99 cabalos fiscais | 58,30 |
De 12 ata 15,99 cabalos fiscais | 123,15 |
De 16 ata 19,99 cabalos fiscais | 153,25 |
De máis de 20 cabalos fiscais | 191,65 |
B) Autobuses | |
De menos de 21 orazas | 142,55 |
De 21 a 50 prazas | 203,00 |
De máis de 50 prazas | 253,65 |
C) Camións: | |
De menos de 1.000 Kg. de carga útil | 72,35 |
De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil | 142,55 |
De máis de 2.999 a 9.999 Kg. de carga útil | 203,05 |
De máis de 9.999 Kg. de carga útil | 253,65 |
D) Tractores: | |
De menos de 16 cabalos fiscais | 30,25 |
De 16 a 25 cabalos fiscais | 47,50 |
De máis de 25 cabalos fiscais | 142,55 |
E) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción | |
De menos de 1.000 Kg. e máis de 750 Kg. de carga útil | 30,25 |
De 1.000 a 2.999 Kg. de carga útil | 47,50 |
De máis de 2.999 Kg. de carga útil | 142,55 |
F) Outros vehículos | |
Ciclomotores | 7,55 |
Motocicletas ata 125 c.c. | 7,55 |
Motocicletas de máis de 125 ata 250 c.c. | 12,85 |
Motocicletas de máis de 250 ata 500 c.c. | 25,85 |
Motocicletas de máis de 500 ata 1.000 c.c. | 51,85 |
Motocicletas de máis de 1.000 c.c. | 103,65 |
Artigo 2.
1.-Para a aplicación das tarifas, o concepto das diversas clases de vehículos será o recollido na Orde de 16 de xullo de 1984.
2.-En todo caso, a rúbrica xenérica de tractores á que se refire o epígrafe 4 das tarifas, comprende ós tractocamións e ós tractores de obras e servicios.
3.-A potencia fiscal expresada en cabalos fiscais establecerase de acordo co disposto no artigo 260 do Código de circulación.
4.-Para resolver as dubidas de cualificación que puidesen cuestionarse, utilizaranse subsidiariamente as seguintes normas:
Primeira.-Entenderase por furgoneta o resultado de adaptar un vehículos de turismo a transporte mixto de persoas e cousas mediante a supresión de asentos e cristais, alteración do tamaño ou disposición das portas ou outras alteracións que non modifiquen esencialmente o modelo do que se deriva. As furgonetas tributarán como turismo, de acordo coa súa potencia fiscal, salvo nos seguintes casos:
a) Se o vehículo estivese habilitado para o transporte de máis de nove persoas, incluído o conductor, tributará como autobús.
b) Se o vehículo estivese autorizado para transportar máis de 525 kilogramos de carga útil, tributará como camión.
Segunda.-Os motocarros terán a consideración, para os efectos deste imposto, de motocicletas, e polo tanto, tributarán pola capacidade da súa cilindrada.
Terceira.-No caso dos vehículos articulados tributarán simultaneamente e por separado o que leve a potencia de arrastre e os remolques ou semirremolques arrastrados.
Cuarta.-No caso dos ciclomotores e remolques e semirremolques que pola súa capacidade non veñan obrigados a ser matriculados, consideraranse como aptos para a circulación dende o momento que se teña expedido a Certificación correspondente polo organismo competente ou, no seu caso, cando realmente estean en circulación.
Quinta.-As máquinas autopropulsadas que poidan circular polas vías públicas sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica tributarán polas tarifas correspondentes ós tractores.
Artigo 3.
O pagamento do imposto hase acreditar mediante:
- Carta de pagamento.
- Recibo tributario.
Artigo 4
1.-No caso de primeiras adquisicións de vehículos ou cando estes se reformen de xeito que altere a súa clasificación para os efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos presentarán na oficina xestora correspondente, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, declaración-liquidación segundo o modelo determinado por este Concello, que conterá os elementos da relación tributaria imprescindible para a liquidación normal ou complementaria procedente así como a realización deste. Achegaranse á documentación acreditativa da compra ou modificación, certificado das súas características técnicas e o documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal do suxeito pasivo.
2.-Simultaneamente á presentación da declaración-liquidación á que se refire o apartado anterior, o suxeito pasivo ingresará o importe da cota do imposto resultante desta. Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional en tanto que pola oficina xestora non se comprobe que esta se efectuou mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto.
Artigo 5.
1.-No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, o pagamento das cotas anuais do imposto hase realizar dentro do primeiro semestre de cada exercicio.
2.-No suposto regulado no apartado anterior a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán tódolos vehículos que no permiso de circulación figure o domicilio neste Concello.
3.-O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ó público polo prazo de 15 días hábiles para os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ó público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
4.-A cota prorratearase por trimestre para os vehículos que se matriculen ó longo do exercicio.
5.-O importe poderá esixirse en réxime de autoliquidación.
Artigo 6.-Bonificacións
Unha bonificación do 100 por cento a prol dos vehículos que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
A bonificación prevista no apartado anterior, debe ser solicitada polo suxeito pasivo a partir do momento no que se cumpran as condicións esixidas para o seu goce.
Disposición final
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2003 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.