Vimianzo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO SERVICIO DE VIVENDA COMUNITARIA

Publicación provisional: 15/04/2003 BOP Nº: 87
Publicación definitiva: 21/07/2003 BOP Nº: 166
Aplicable dende: 22/07/2003

Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 27, ámbolos dous inclusive, da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a seguinte taxa pola prestación do servicio de vivenda comunitaria, que se rexerá pola presente Ordenanza.

Artigo 2.º .-Feito impoñible.

Será obxecto desta taxa a prestación dos servicios derivados da estancia e asistencia de vivenda comunitaria, definida conforme ó regulamento da dita vivenda.

Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os beneficiarios do servicio, entendéndose por tales as persoas o entidades a que se refire o artigo 23 da Lei 39/1988, do 28 de decembro. Serán responsables subsidiarios os herdeiros testamentarios ou legais.

Artigo 4.º .-Base impoñible.

A base impoñible desta taxa está consitituída polo conxunto de ingresos de cada usuario, e para fixala, terase en conta:.

1. No caso de solicitante con ingresos derivados de salarios, pensións de calquera tipo ou calquera outra remuneración por conta allea, así como rendas de capital, inmobles (distinto da vivenda habitual) ou outros, fixarase como base dos ingresos as cantidades líquidas obtidas polos ditos conceptos na data da solicitude da prestación do servicio (revisable no momento da concesión).

2. Para os solicitantes con ingresos derivados de actividades por conta propia, fixarase como base para cuantificar os ingresos as cantidades netas obtidas da última declaración da renda da que se dispoña na data da solicitude (revisable no momento da concesión).

Artigo 5.º .-Beneficios fiscais.

Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei ou derivados da aplicación de tratados internacionais, nos termos establecidos no artigo 9 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

Artigo 6.º .-Devengo.

Devéngase a presente taxa e nace a obriga de contribuír cando se solicite a prestación dos servicios a que se refire esta ordenanza fiscal.

No intre de conceder a autorización de acceso á vivenda, efectuarase unha liquidación provisional que será notificada individualmente. As seguintes cotas serán xiradas a conta correntes que sinale o usuario.

Artigo 7.º .-Cota tributaria.

A cota pola prestación do servicio sinalada no artigo 2 da presente ordenanza, esixirase de acordo coa seguinte tarifa:.

1.-Ingresos menores ou iguais ó SMI, o 75% dos ingresos que perciba.

2.-Ingresos superiores ó SMI e menores ou iguais ó triple do SMI, o 80% dos ingresos que perciba.

3.-Ingresos superiores ó triple do SMI, o 85 % dos ingresos que perciba.

Fíxase un límite máximo de prezo a pagar polos usuarios cuantificado no triple do SMI.

Artigo 8.º .-Forma de pagamento da cota.

O pagamento efectuarase por mes anticipado e na modalidade de domiciliación bancaria. A Intervención do Concello confeccionará mensualmente tódolos recibos correspondientes, que terán que ser efectivos entre o 1 e o 5 de cada mes.

Si abandona a vivienda antes de finalizar o mes, procederase de oficio a devolver a parte proporcional do tempo non gozado.

Artigo 9.º .-Incumprimento do pagamento da cota.

O incumprimento reiterado no pago das cotas correspondentes poderá dar lugar, previo os trámites legais pertinentes, a que a persoa residente deba abandonar a vivenda.

O concepto "incumprimento reiterado" aplicarase gradualmente en función da capacidade económica dos usuarios, deducida das circunstancias previstas no artigo 7 para determinar a cota.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal, na que a súa redacción definitiva aprobouse polo Pleno da Corporación en sesión do día vinteoito de marzo de dous mil tres, entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.