Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 24, reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos municipais de vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas
Exposición de motivos
O Concello de Vimianzo ten promovido expediente de municipalización para a prestación dos servizos de: vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.
Doutro lado, respecto do servizo de vivenda comunitaria xa constaba aprobado tanto a respectiva ordenanza fiscal como o regulamento do servizo.
Xa que logo, a conveniencia e oportunidade da prestación destes servizos resulta dos expedientes de referencia, da súa fundamentación xurídica, económica, social e técnica e tamén das resolucións neles adoptadas.
De conformidade co previsto na letra ñ do parágrafo nº 4 do art. 20, en relación cos artigos 15 e 57 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, pola que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, considerase como taxa a prestación do servizos da Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandaría sobre rodas.
Entenderase, ó abeiro do sinalado no art. 79 da Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais, que os usuarios deste servizo contribuirán o seu financiamento de conformidade cós principios de solidariedade e redistribución.
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 27, ambos inclusive, do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a seguinte taxa pola prestación do servizo de Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandaría sobre rodas, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2º.- Feito impoñible
É obxecto desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandería sobre rodas, definidos conforme ó respectivo Regulamento de dita vivenda e Regulamento da escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.
Artigo 3º.- Suxeito pasivo
Están obrigados ó pagamento da taxa por todos ou algúns dos servizos prestados e regulados nesta ordenanza, como contribuintes, os que os reciban. Serán sustitutos dos contribuintes os herdeiros testamentarios ou legais, xunto cos legatarios de conformidade co previsto nos artigos 39 e concordantes da Lei Xeral Tributaria aprobada pola Lei 58/2003, do 17 de decembro.
Artigo 4º.- Base impoñible
4.1.- Determinación da base imponible para a prestación do servizo de vivenda comunitaria.
A base impoñible desta taxa no que se refire a prestación do servizo público municipal de vivenda comunitaria determinarase polo conxunto dos ingresos de cada usuario, e para fixa-la, terase en conta:
1. No caso de solicitante con ingresos derivados de salarios, pensións de calquera tipo ou calquera outra remuneración por conta allea, así como rendas de capital, inmobles (distinto da vivenda habitual) ou outros, fixarase como base dos ingresos as cantidades líquidas obtidas por ditos conceptos na data da solicitude da prestación do servizo (revisable no momento da concesión).
2. Para os solicitantes con ingresos derivados de actividades por conta propia, fixarase como base para cuantificar os ingresos as cantidades netas obtidas da última declaración da renda da que se dispoña na data da solicitude (revisable no momento da concesión).
4.2.-Determinación da base impoñible para a prestación dos servizos públicos municipais de escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.
a) Para os efectos da determinación das tarifas a pagar, a renda per cápita mensual da unidade familiar, computarase segundo as seguintes regras:
- Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
- Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de minusvalía superior ao 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo a situación existente a 31 de decembro do ano ao que se refiran os datos económicos aos que se refiren as seguintes regras.
b) Tomarase como importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado a agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar ou prestación do servizo, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do IRPF.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
A documentación anterior poderá ser substituída pola correspondente autorización á Administración para obter os datos necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das correspondentes administracións tributarias.
c) O importe dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familiar monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Entenderase por familiar monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a) cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
d) A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
Artigo 5º.- Beneficios fiscais
5.1.- Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados da aplicación de Tratados Internacionais, nos termos establecidos no art. 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.
5.2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes, terá un desconto do 50%.
Artigo 6º.- Período impositivo e retribución
1. O período impositivo coincide co mes natural de prestación do/s servizos.
2. No caso do centro de día e escola infantil, salvo o disposto no apartado terceiro do presente artigo, a falta de asistencia do usuario/a ó centro non supón reducción nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
3. No caso da escola infantil, os suxeitos pasivos obrigados ós que fai referencia o artigo 3.º non terán a obriga de aboa-la cota durante os seguintes períodos:
a) O mes de vacacións anual do neno/a.
b) Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.
c) Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por 100.
A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o señor alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.
Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.
Artigo 7º.- Cota tributaria
A cota pola prestación dos servizos sinalados no artigo 2 da presente ordenanza, exixirase con arranxo as seguintes tarifas:
7.1. Cota tributaria pola prestación do servizo de Vivenda Comunitaria:
FÃxase un lÃmite máximo de prezo a pagar polos usuarios cuantificado no triple do SMI.
7.2 A cota tributaria pola prestación dos servizos de escola infantil determinarase de conformidade coa seguinte tarifa e cos descontos previstos para adoptar a contÃa das taxas á capacidade económica dos suxeitos pasivos.
1. MatrÃcula: 30 ⿬ para tódolos usuarios.
2. Prezo por asistencia.
O prezo pola atención educativa en xornada completa (8h/dÃa) fÃxase en 160 ⿬ mensuais.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 4 deste artigo 7.2.
Cando o alumno ou alumna teña solicitada e concedida unha praza en réxime de media xornada, o prezo da atención educativa reducirase no cincuenta por cento do prezo que lle corresponda aboar de acordo coa renda per cápita da unidade familiar.
3. Prezo por servizos complementarios.
a) Servizo de comedor
O prezo por este servizo fÃxase en 50 ⿬ mensuais.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 4 deste artigo 7.2
No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente e por motivos xustificados desexen utilizalo algún dÃa solto, o prezo será de 3 ⿬ por dÃa.
O prezo de comedor por dÃas soltos non estará suxeito a ningunha redución.
b) Horario ampliado.
Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias , sempre que acrediten a súa necesidade.
O prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 15 ⿬.
O prezo de hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.
c) Servizo de transporte.
O prezo por este servizo fÃxase en 50 ⿬ mensuais (2 viaxes/dÃa).
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as reducións que se especifican no número 4 deste artigo 7.2.
PREZO MES | |
Ingresos | Cota usuario/mes |
Ingresos menores ou iguais ó SMI | 75% dos ingresos que perciba |
Ingresos superiores ó SMI e menores ou iguais o triple do SMI | 80% dos ingresos que perciba |
Maiores ó triple do SMI | 85% dos ingresos que perciba |
4. Aplicación das taxas mensuais segundo os tramos de renda per cápita da unidade familiar, queda como segue:
5. Bonificacións e exencións de pagamento.
5.1.‿Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre a taxa que resulte de aplicar o disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si.
a) Nenos pertencentes a familiar numerosas, desconto do 20 %.
b)Nenos pertencentes a familiar monoparentais, desconto do 20 %.
c) Cando asistan a EIM varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto do 20 %.
Entenderase por familiar numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familiar numerosas.
Para a aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil 0-3, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias á data do devengo da declaración do IRPF.
5.2.‿Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fora de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao dÃa do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes, terá un desconto do 50 %.
5.3.‿As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 ⿬ anuais gozarán da exención total da cota a partir da segunda filla ou fillo que acuda a EIM.
5.4.‿As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán, asà mesmo, da exención total da cota.
6. As taxas establecidas no punto 4 actualizaranse anualmente conforme as fluctuacións que experimente o IPC anual a 30 de novembro do anterior, procedéndose a modificar a presente ordenanza fiscal de acordo co procedemento regulado nos artigo 17 e seguintes do TRLFL.
Tramos renda per cápita Intervalo IPREM | Tarifa | Xornada completa | Media Xornada | Comedor Escolar | Transporte |
> 200% | 1 | 165,98 | 82,99 | 50 | 50 |
151% - 200% | 2 | 144,19 | 72,10 | 43 | 43 |
126% - 150% | 3 | 130,71 | 65,36 | 36 | 36 |
101% - 125% | 4 | 109,96 | 54,98 | 25 | 25 |
76% - 100% | 5 | 68,46 | 34,24 | 18 | 18 |
51% - 75% | 6 | 34,24 | 17,12 | 12 | 12 |
31% - 50% | 7 | 0 | 0 | 12 | 12 |
< ou = 30 % | 8 | 0 | 0 | 0 | 0 |
7.3. A cota tributaria pola prestación do servizo de centro de dÃa determÃnase de conformidade coa seguinte tarifa:
PREZO MES
7.3. A cota tributaria pola prestación do servizo de centro de dÃa determÃnase de conformidade coa seguinte tarifa:
PREZO MES
Ingresos (Renda per cápita) | Cota por usuario a xornada completa | Cota por transporte 2 Viaxes (⿬) |
Menores ou iguais á PNC | 0,50 x SMI | 40,47 |
Maiores á PNC e menores ou iguais ao SMI | 0,70 x SMI | 40,47 |
Maiores ao SMI e menores ou iguais ao dobre do SMI | 0,90 x SMI | 40,47 |
Maiores ao dobre do SMI e menores ou iguais ao triplo do SMI | 1,00 x SMI | 40,47 |
Maiores ao triplo do SMI | 1,50 x SMI | 40,47 |
No caso de prestar so o servizo a media xornada a cota resultante será:
1.- Media xornada con comida o custo será do 70 % da xornada completa.
2.- Media xornada sen comida de mañan o custo será do 44 % da xornada completa.
3.- Media xornada sen comida de tarde o custo será do 48 % da xornada completa.
No caso de xornada completa sen comida, a cota resultante será do 90% da xornada completa.
A Cota total será a suma da cota dos servizos utilizados.
Ingresos (Renda per cápita) | Cota por usuario a xornada completa | Cota por transporte 2 Viaxes (⿬) |
Menores ou iguais á PNC | 0,50 x SMI | 40,47 |
Maiores á PNC e menores ou iguais ao SMI | 0,70 x SMI | 40,47 |
Maiores ao SMI e menores ou iguais ao dobre do SMI | 0,90 x SMI | 40,47 |
Maiores ao dobre do SMI e menores ou iguais ao triplo do SMI | 1,00 x SMI | 40,47 |
Maiores ao triplo do SMI | 1,50 x SMI | 40,47 |
7.4. A cota tributaria pola prestación do servizo de lavanderÃa e comedor sobre rodas determÃnase consonte coa seguinte tarifa:
PREZO SERVIZO
A estos prezos hai que engadirlle un custo de 1,84 ⿬ por dÃa para o transporte se éste fose necesario.
7.5. As tarifas numéricas sinaladas no caso dos servizos de comedor, lavanderÃa sobre rodas, e para a parte da cota referida ao transporte no caso do centro de dÃa, serán actualizadas anualmente conforme ás fluctuacións que experimente o IPC anual a 30 de novembro do anterior, procedéndose a modificar a presente ordenanza fiscal de acordo co procedemento regulado nos artigos 17 e seguintes do TRLRFL.
Ingresos (Renda per cápita) | Comedor (⿬) | LavanderÃa (⿬) |
Menores ou iguais á PNC | 1,24 | 0,38 |
Maiores á PNC e menores ou iguais ao SMI | 2,46 | 0,61 |
Maiores ao SMI e menores ou iguais ao dobre do SMI | 3,72 | 0,76 |
Maiores ao dobre do SMI e menores ou iguais ao triplo do SMI | 4,93 | 0,99 |
Maiores ao triplo do SMI | 6,18 | 1,24 |
Artigo 8º.- Forma de pago da cota
O pago efectuarase por mes anticipado, e na modalidade de domiciliación bancaria, agas no caso do servizo de Lavandería e Comedor sobre rodas que o pago aboarase no mes natural seguinte. O pagamento das cotas debe realizarse dentro dos dez primeiros días do mes que proceda.
Se se abandona ou se deixa de utilizar o servizo antes de finalizar o mes, procederase de oficio a devolver a parte proporcional do tempo non disfrutado.
Artigo 9º.- Incumprimento do pago da cota
O incumprimento reiterado no pago das cotas correspondientes poderá dar lugar, previo os trámites legais pertinentes, a baixa no dito servizo.
O concepto ¿incumprimento reiterado" aplicarase gradualmente en función da capacidade económica dos usuarios, deducida das circunstancias previstas no art. 7 para determinar a cota.
Disposición derradeira
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, consonte co previsto no artigo 107.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 190 de 05/10/2017:
Corrección de erros:
Con data 02/10/2017 en sesión ordinario do Pleno o Concello de Vimianzo, aprobouse a corrección de erros da Ordenanza fiscal núm. 24, reguladora da taxa pola prestación dos servizos públicos municipais de vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas. O Acordo adoptado foi o seguinte:
Primeiro.-Rectificar o acordo recollido no punto da orde da sesión ordinaria data 21/06/2017, no que se refire a proposta de modificación da Ordenanza núm. 24, reguladora da taxa pola prestación dos servizos públicos municipais de vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.