Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 24, reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos municipais de vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas

Publicación provisional: 15/04/2003 BOP Nº: 87
Publicación definitiva: 21/07/2003 BOP Nº: 166
Aplicable dende: 21/03/2012

Exposición de motivos

O Concello de Vimianzo ten promovido expediente de municipalización para a prestación dos servizos de: vivenda comunitaria, escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.

Doutro lado, respecto do servizo de vivenda comunitaria xa constaba aprobado tanto a respectiva ordenanza fiscal como o regulamento do servizo.

Xa que logo, a conveniencia e oportunidade da prestación destes servizos resulta dos expedientes de referencia, da súa fundamentación xurídica, económica, social e técnica e tamén das resolucións neles adoptadas.

De conformidade co previsto na letra ñ do parágrafo nº 4 do art. 20, en relación cos artigos 15 e 57 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, pola que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, considerase como taxa a prestación do servizos da Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandaría sobre rodas.

Entenderase, ó abeiro do sinalado no art. 79 da Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais, que os usuarios deste servizo contribuirán o seu financiamento de conformidade cós principios de solidariedade e redistribución.

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 o 27, ambos inclusive, do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a seguinte taxa pola prestación do servizo de Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandaría sobre rodas, que se rexerá pola presente Ordenanza.

Artigo 2º.- Feito impoñible

É obxecto desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Comedor sobre rodas e Lavandería sobre rodas, definidos conforme ó respectivo Regulamento de dita vivenda e Regulamento da escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandería sobre rodas.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo

Están obrigados ó pagamento da taxa por todos ou algúns dos servizos prestados e regulados nesta ordenanza, como contribuintes, os que os reciban. Serán sustitutos dos contribuintes os herdeiros testamentarios ou legais, xunto cos legatarios de conformidade co previsto nos artigos 39 e concordantes da Lei Xeral Tributaria aprobada pola Lei 58/2003, do 17 de decembro.

Artigo 4º.- Base impoñible

4.1.- Determinación da base imponible para a prestación do servizo de vivenda comunitaria.

A base impoñible desta taxa no que se refire a prestación do servizo público municipal de vivenda comunitaria determinarase polo conxunto dos ingresos de cada usuario, e para fixa-la, terase en conta:

1. No caso de solicitante con ingresos derivados de salarios, pensións de calquera tipo ou calquera outra remuneración por conta allea, así como rendas de capital, inmobles (distinto da vivenda habitual) ou outros, fixarase como base dos ingresos as cantidades líquidas obtidas por ditos conceptos na data da solicitude da prestación do servizo (revisable no momento da concesión).

2. Para os solicitantes con ingresos derivados de actividades por conta propia, fixarase como base para cuantificar os ingresos as cantidades netas obtidas da última declaración da renda da que se dispoña na data da solicitude (revisable no momento da concesión).

4.2.- Determinación da base imponible para a prestación dos servizos públicos municipais de escola infantil, centro de día, comedor sobre rodas e lavandaría sobre rodas.

A base impoñible desta taxa, no que se refire a prestación dos servizos citados neste apartado (4.2) determinarase pola renda per cápita da unidade familiar.

Para os efectos do disposto nesta ordenanza fiscal, enténdese por renda per cápita o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, os ingresos totais da unidade familiar.

Enténdese por unidade familiar, para estes efectos, a formada polos cónxuxes non separados legalmente ou divorciados e os fillos menores de dezaoito anos; incluense na unidade familiar os fillos maiores de 18 anos e menores de 26 que acrediten depender dos pais por razóns de formación académica: estas circunstancias acreditaranse mediante certificación académica e matrículas en centros académicos; tamén se inclúen os fillos maiores de 8 anos xudicialmente incapacitados ou que teñan recoñecida administrativa ou xudicialmente unha minusvalidez superior ó 33 por cen; excluense da unidade familiar ós maiores de 16 anos e menores de 18 que consten emancipados de conformidade co establecido no código civil.

Terán o mesmo tratamento as parellas de feito que acrediten, de acordo co sistema que legal ou regulamentariamente se estableza, unha convivencia semellante ós matrimonios formalizados.

No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita ó que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que componen a unidade familiar.

Artigo 5º.- Beneficios fiscais

Non poderán recoñecerse respecto a esta taxa outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de Lei ou derivados da aplicación de Tratados Internacionais, nos termos establecidos no art. 9 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

Artigo 6º.- Período impositivo e retribución

1. O período impositivo coincide co mes natural de prestación do/s servizos.

2. No caso do centro de día e escola infantil, salvo o disposto no apartado terceiro do presente artigo, a falta de asistencia do usuario/a ó centro non supón reducción nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

3. No caso da escola infantil, os suxeitos pasivos obrigados ós que fai referencia o artigo 3.º non terán a obriga de aboa-la cota durante os seguintes períodos:

a) O mes de vacacións anual do neno/a.

b) Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.

c) Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por 100.

A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o señor alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

Artigo 7º.- Cota tributaria

A cota pola prestación dos servizos sinalados no artigo 2 da presente ordenanza, exixirase con arranxo as seguintes tarifas:

7.1. Cota tributaria pola prestación do servizo de Vivenda Comunitaria:

PREZO MES

Ingresos

Cota usuario/mes

Ingresos menores ou iguais ó SMI

75% dos ingresos que perciba

Ingresos superiores ó SMI e menores ou iguais o triple do SMI

80% dos ingresos que perciba

Maiores ó triple do SMI

85% dos ingresos que perciba

Fíxase un límite máximo de prezo a pagar polos usuarios cuantificado no triple do SMI.

7.2. A cota tributaria pola prestación dos servizos de escola infantil determinarase de conformidade cos seguinte tarifa e cos descontos previstos para adoptar a contía das taxas á capacidade económica dos suxeitos pasivos.

1. Matrícula: 30 euros para tódolos usuarios.

2. Prezo por asistencia

O prezo pola xornada escolar (8 horas/día) fíxase en 110 euros mensuais. Se a praza solicitada e a media xornada aplicarase unha reducción dun 20 por cento.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais

a) Rendas inferiores ó 50 por cento do salario mínimo interprofesional: reducción do 100 por cento.

b) Rendas comprendidas entre o 50% e o 75% do salario mínimo interprofesional: reducción do 70 por cento.

c) Rendas superiores ó 75% e inferiores ó 100% do salario mínimo interprofesional: reducción do 40 por cento.

d) Rendas comprendidas entre o 100% e o 150% do salario mínimo interprofesional: reducción do 10 por cento.

3.- Prezo por servizos complementarios

A) Nos casos en que se presten outros servizos dos que o neno/a sexa usuario, os prezos ós que fai referencia o punto 1 incrementaranse como segue:

a) Servizo de comedor: o prezo por este servizo fíxase en 33 euros mensuais. No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor, e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día solto, o prezo será de 2 euros por día.

b) Servizo de transporte: o prezo por este servizo fíxase en 33 euros mensuais (2 viaxes /día).

c) Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 13,75 euros.

B) Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse reduccións totais ou parciais:

a) Rendas inferiores ó 30% do salario mínimo interprofesional: reducción do 100 por cento.

b) Rendas comprendidas entre o 30% e o 100% do salario mínimo interprofesional: reducción do 50 por cento.

C) Os servizos ós que fai referencia este punto 2 serán de utilización voluntaria polos nenos/as asistentes ó centro.

No suposto de nenos/as que soliciten ingreso na Escola Infantil e non estean empadroados neste Concello, aboarán o prezo de escolaridade e servizos complementarios sen reducción de ningun tipo.

Descontos:

a) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplica-lo disposto no punto anterior aplicaranse os seguintes descontos:

a.1) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por 100.

a.2) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por 100.

a.3) Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns, desconto dun 20 por 100 por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 por 100 por cada neno/a.

Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

Estes descontos so se aplicarán a nenos empadroados en Vimianzo, e só a parte da cota referida a escolaridade (xornada completa ou media xornada).

b) Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por 100. A cota resultante total será a suma da cota dos servizos utilizados, unha vez aplicados os descontos correspondentes.

7.3. A cota tributaria pola prestación do servizo de centro de día determínase de conformidade coa seguinte tarifa:

PREZO MES

Ingresos (Renda per cápita)

Cota por usuario a xornada completa

Cota por transporte 2 Viaxes (€)

Menores ou iguais á PNC

0,50 x SMI

37,04

Maiores á PNC e menores ou iguais ao SMI

0,70 x SMI

37,04

Maiores ao SMI e menores ou iguais ao dobre do SMI

0,90 x SMI

37,04

Maiores ao dobre do SMI e menores ou iguais ao triplo do SMI

1,00 x SMI

37,04

Maiores ao triplo do SMI

1,50 x SMI

37,04

No caso de prestar so o servizo a media xornada a cota resultante será:

1.- Media xornada con comida o custo será do 70 % da xornada completa.

2.- Media xornada sen comida de mañan o custo será do 44 % da xornada completa.

3.- Media xornada sen comida de tarde o custo será do 48 % da xornada completa.

No caso de xornada completa sen comida, a cota resultante será do 90% da xornada completa.

A Cota total será a suma da cota dos servizos utilizados.

7.4. A cota tributaria pola prestación do servizo de lavandería e comedor sobre rodas determínase consonte coa seguinte tarifa:

PREZO SERVIZO

Ingresos (Renda per cápita)

Comedor (€)

Lavandería (€)

Menores ou iguais á PNC

1,13

0,34

Maiores á PNC e menores ou iguais ao SMI

2,24

0,55

Maiores ao SMI e menores ou iguais ao dobre do SMI

3,38

0,69

Maiores ao dobre do SMI e menores ou iguais ao triplo do SMI

4,48

0,89

Maiores ao triplo do SMI

5,62

1,13

A estos prezos hai que engadirlle un custo de 1,68 € por día para o transporte se éste fose necesario.

7.5. As tarifas numéricas sinaladas no caso dos servizos de comedor, lavandería sobre rodas, e para a parte da cota referida ao transporte no caso do centro de día, serán actualizadas anualmente conforme ás fluctuacións que experimente o IPC anual a 30 de novembro do anterior, procedéndose a modificar a presente ordenanza fiscal de acordo co procedemento regulado nos artigos 17 e seguintes do TRLRFL.

Esta revisión empezará a aplicarse para o exercicio 2007 tendo en conta o IPC de decembro 2005 a novembro de 2006.

Artigo 8º.- Forma de pago da cota

O pago efectuarase por mes anticipado, e na modalidade de domiciliación bancaria, agas no caso do servizo de Lavandería e Comedor sobre rodas que o pago aboarase no mes natural seguinte. O pagamento das cotas debe realizarse dentro dos dez primeiros días do mes que proceda.

Se se abandona ou se deixa de utilizar o servizo antes de finalizar o mes, procederase de oficio a devolver a parte proporcional do tempo non disfrutado.

Artigo 9º.- Incumprimento do pago da cota

O incumprimento reiterado no pago das cotas correspondientes poderá dar lugar, previo os trámites legais pertinentes, a baixa no dito servizo.

O concepto ¿incumprimento reiterado" aplicarase gradualmente en función da capacidade económica dos usuarios, deducida das circunstancias previstas no art. 7 para determinar a cota.

Disposición derradeira

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, consonte co previsto no artigo 107.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.