Bergondo - Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación do servicio público de Escola Infantil Municipal de Bergondo

Publicación provisional: 23/08/2004 BOP Nº: 194
Publicación definitiva: 14/10/2004 BOP Nº: 237
Aplicable dende: 14/10/2004

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 20.4.d) e seguintes do R-D Lexislativo 2/2.004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así mesmo conforme ó Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude; este concello establece a taxa por prestación do servicio público Escola Infantil Municipal de Bergondo, especificando as contías no artigo 3 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.

Artigo 2. Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos nesta ordenanza os pais dos nenos en situación de alta na Escola Infantil Municipal de Bergondo e reciban ou resulten beneficiados ou afectados polos servicios prestados ou realizados no citado Centro de atención á primeira infancia dependente da Consel

Artigo 3. Contías.

3.1.-Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Defínese a unidade familiar como a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou a nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

 

3.2.-As taxas aplicables por tarifa, quedan como seguen:

 

Intervalo SMI Tarifa X. escolar X. mañá X. tarde Al. Xan. Meren. 1 v 2 v 4 v H. extra
>150% 1 110,00 88,00 88,00 6,00 21,00 6,00 9,00 21,00 33,00 13,75
100% - 150% 2 99,00 79,00 79,00 6,00 21,00 6,00 9,00 21,00 33,00 13,75
> 75%-<100% 3 66,00 48,00 48,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 6,88
50 % -75% 4 33,00 22,00 22,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 6,88
<50% 5 0,00 0,00 0,00 3,00 10,50 3,00 5,00 11,00 16,50 6,88
<30% 6 - - - - - - - - - 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00
SMI: Salario Mínimo Interprofesional

X. escolar: xornada escolar. X. mañá: xornada de mañá. X. tarde: xornada de tarde.

Al: almorzo. Xan: xantar. Me: merenda.

1 v: unha viaxe. 2 v: dúas viaxes. 4 v: catro viaxes.

H. extra: hora extra.

Artigo 4. Bonificacións.

4.1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o taxa que resulte de aplica-lo disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos:

a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20%.

b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.

c) Cando asistan a EIM (Escola Infantil Municipal), varios irmáns, desconto dun 20 % por cada neno/a atendido/a.

d) No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30% por cada neno/a.

Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

4.2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá un desconto do 50 %.

4.3.-No suposto de nenos/as que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, aboarán a contía máxima referida á tarifa 1, e non lle serán de aplicación as reduccións recollidas neste artigo.

Artigo 5. Devengo

A obriga de contribuir nace desde o momento en que se preste o citado servicio público.

Artigo 6. Normas de xestión.

As solicitudes para acceder ós servicios que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas ó señor alcalde-presidente da corporación municipal, xuntando a documentación sinalada na Ordenanza Reguladora do servicio público da Escola Infantil Municipal de Bergondo. Asimesmo o procedemento de admisión e os dereitos e obrigas dos usuarios serán os establecidos na citada Ordenanza Reguladora.

O pagamento das taxas da mensualidade farase por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, segundo a liquidación practicada, que incluirá, ademais do importe da mensualidade, o resto dos servicios que se presta ó alumnado".

Faise constar igualmente que contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente por razón do territorio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste Acordo e do texto integro da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia (segundo o artigo 46.1 da Lei 29/98 de 13 de Xullo, Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa).