Bergondo - Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación do servicio público de Escola Infantil Municipal de Bergondo
Artigo 1. Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 20.4.d) e seguintes do R-D Lexislativo 2/2.004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, así mesmo conforme ó Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes desta Consellería, este concello establece a taxa por prestación do servizo público Escola Infantil Municipal de Bergondo, especificando as contías no artigo 3 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.
Artigo 2. Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos nesta ordenanza os pais/nais dos nenos/as en situación de alta na Escola Infantil Municipal de Bergondo e reciban ou resulten beneficiados ou afectados polos servizos prestados ou realizados nela, e no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 3. Contías.
1.-Defínese a unidade familiar como a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada , así como os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ó 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible de aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar, Entenderase por familia monoparental a unidade familiar cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente o eu sustento.
A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
3.2.-As taxas aplicables por tarifa, quedan como seguen:
Intervalo IPREM | Tarifa. | xornada completa | media xornada | Al. | Xan. | Meren. | H. extra |
>200% | 1 | 160,00 | 80,00 | 13,00 | 44,00 | 13,00 | 20,00 |
150% - 200% | 2 | 139,00 | 69,50 | 10,00 | 40,00 | 10,00 | 20,00 |
> 125%-<150% | 3 | 126,00 | 63,00 | 9,25 | 31,50 | 9;25 | 20,00 |
100 % -125% | 4 | 106,00 | 53,00 | 7,00 | 22,00 | 7,00 | 20,00 |
75% -100% | 5 | 66,00 | 33,00 | 4,50 | 16,00 | 4,50 | 20,00 |
50 % -75% | 6 | 33,00 | 16,50 | 3,00 | 10,50 | 3,50 | 20,00 |
30 % -50% | 7 | 0,00 | 0,00 | 3,00 | 10,50 | 3,50 | 20,00 |
< 30% | 8 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 20,00 |
Enténdese por xornada completa a realizada durante máis de 4 horas e ata un máximo de 8 horas e por media xornada a realizada durante 4 horas ou menos. Todo isto sen prexuízo da organización de xornadas que regule o Regulamento de funcionamento e organización da escola infantil municipal.
Al: almorzo. Xan: xantar. Me: merenda.
H. extra: hora extra (hora a maiores das 8 máximas da xornada completa). Sempre terán que estar debidamente xustificadas.
Artigo 4. Bonificacións.
4.1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o taxa que resulte de aplicar o disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20%.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.
c) Cando asistan a EIM (Escola Infantil Municipal), varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20%.
Entenderase por familia numerosa aquela que reúna as condicións que determina a Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
Para aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da declaración do IRPF.
4.2.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá un desconto do 50 %.
Artigo 5. Devengo.
A obriga de contribuír nace desde o momento en que se preste o citado servizo público.
Artigo 6. Normas de xestión.
O pagamento das tarifas será mensual e deberanse aboar nos primeiros dez días de cada mes.
Salvo o establecido no artigo seguinte, a falta de asistencia da nena/o ó centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
Artigo 7.- Suspensión temporal da cota
a) Os suxeitos pasivos non terán obriga de pago da cota durante os seguintes períodos:
- O mes de vacacións anual do neno/a
- Cando por calquera motivo diferente ó anterior, o centro permaneza pechado por un período superior a quince días.
En ambos casos a suspensión será de oficio.
b) Os suxeitos pasivos non terán a obriga de aboar a cota correspondente ó servizo de comedor no seguinte suposto:
Cando, con carácter excepcional, por causa debidamente xustificada o/a neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, durante un período superior a 15 días continuados. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do mes natural seguinte á data de inasistencia ó centro e durará ata o primeiro día do mes natural en que teña lugar a reincorporación.
Se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota de comedor correspondente a dito mes reducirase nun 50%.
Nos casos de suspensión temporal da cota correspondente ó servizo de comedor, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días naturais seguintes á data da reincorporación.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto na presente ordenanza que modifica a aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día 29 de xullo de 2004 e publicada no BOP núm 237 de 14 de outubro de 2004.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor o con efectos 1 de setembro de 2012, sendo de aplicación para o curso escolar 2012-2013 e seguintes, sempre ata a súa modificación ou derrogación."