Bergondo - Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola prestación do servicio público de Escola Infantil Municipal de Bergondo
Artigo 1. Concepto.
Artigo 2. Suxeitos pasivos.
Artigo 3. Contías.
1.-Defínese a unidade familiar como a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada , así como os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ó 33 por cento.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible de aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.
O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar, Entenderase por familia monoparental a unidade familiar cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente o eu sustento.
A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce.
3.2.-As taxas aplicables por tarifa, quedan como seguen:
Intervalo IPREM | Tarifa. | xornada completa | media xornada | Al. | Xan. | Meren. | H. extra |
>200% | 1 | 169,26 | 84,63 | 13,5 | 47,05 | 13,5 | 21,16 |
150% - 200% | 2 | 147,05 | 73,52 | 10,4 | 42,67 | 10,4 | 21,16 |
> 125%-<150% | 3 | 133,29 | 66,64 | 9,55 | 33,79 | 9,55 | 21,16 |
100 % -125% | 4 | 112,13 | 56,06 | 7,4 | 22,22 | 7,4 | 21,16 |
75% -100% | 5 | 69,81 | 34,9 | 4,7 | 17,05 | 4,7 | 21,16 |
50 % -75% | 6 | 34,91 | 17,45 | 3,25 | 10,7 | 3,50 | 21,16 |
30 % -50% | 7 | 0,00 | 0,00 | 3,25 | 10,7 | 3,50 | 21,16 |
< 30% | 8 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 0,00 | 21,16 |
Enténdese por xornada completa a realizada durante máis de 4 horas e ata un máximo de 8 horas e por media xornada a realizada durante 4 horas ou menos. Todo isto sen prexuízo da organización de xornadas que regule o Regulamento de funcionamento e organización da escola infantil municipal.
Al: almorzo. Xan: xantar. Me: merenda.
H. extra: hora extra (hora a maiores das 8 máximas da xornada completa). Sempre terán que estar debidamente xustificadas.
3.3.- De acordo co disposto no apartado 10 do artigo único do Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/142, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, que establece que o réxime de copago en centros municipais será, como mínimo, equivalente o réxime de precios públicos establecido polo Xunta de Galicia para as escolas infantís de titularidade autonómica, o incremento de prezos públicos establecidos pola Xunta de Galicia, que afecten ás contías mínimas contempladas neste artigo, levarán consigo o incremento automático do coste do servizo, ata garantir esta equivalencia.
3.4.- Ao amparo do establecido no artigo 23 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, da Comunidade Autónoma de Galicia, que engade unha disposición novena á lei 13/2008, de 3 de decembro, de servicios sociais de Galicia, se contempla a gratuidade da atención educativa a partir da matriculación nas escolas infantís municipais, do segundo fillo ou filla e sucesivos/vas da unidade familiar.
Estará en vigor mentres se aplique no ámbito autonómico e nas mesmas condicións en que se aplique, salvo que con carácter previo o concello de Bergondo decida expresamente a súa derrogación.
Esta gratuidade non se aplicará á taxa pola prestación do servizo de comedor da escola infantil.
Artigo 4. Bonificacións.
4.1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o taxa que resulte de aplicar o disposto na táboa anterior, aplicaranse os seguintes descontos que non son acumulables entre si:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20%. Entenderase por familia numerosa as debidamente recoñecidas en virtude da normativa correspondente que aparece o regulamento de réxime interior da escola infantil.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.
c) Cando asistan a EIM (Escola Infantil Municipal), varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun 20%, sobre os servizos complementarios de comedor.
Para aplicación dos descontos teranse en conta as circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude de praza na escola infantil, que deberán ser previamente xustificadas documentalmente de non coincidir coas circunstancias na data da declaración do IRPF.
4.2.- Aplicarase a gratuidade da atención educativa a partir da matriculación na escola infantil municipal do segundo fillo/a da unidade familiar e sucesivos.
4.3.-Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar por dito mes terá un desconto do 50 %.
Artigo 5. Devengo.
Artigo 6. Normas de xestión.
Artigo 7.- Suspensión temporal da cota
a) Os suxeitos pasivos non terán obriga de pago da cota durante os seguintes períodos:
- O mes de vacacións anual do neno/a.
- Cando por calquera motivo diferente ó anterior, o centro permaneza pechado por un período superior a quince días.
En ambos casos a suspensión será de oficio.
b) Os suxeitos pasivos non terán a obriga de aboar a cota correspondente ó servizo de comedor no seguinte suposto:
Cando, con carácter excepcional, por causa debidamente xustificada o/a neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro, durante un período superior a 15 días continuados. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do mes natural seguinte á data de inasistencia ó centro e durará ata o primeiro día do mes natural en que teña lugar a reincorporación.
Se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota de comedor correspondente a dito mes reducirase nun 50%.
Nos casos de suspensión temporal da cota correspondente ó servizo de comedor, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días naturais seguintes á data da reincorporación.