Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE CEE

Publicación provisional: 19/07/2004 BOP Nº: 164
Publicación definitiva: 07/09/2004 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 08/09/2004

Artigo 1º .-Fundamento e natureza

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7185 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.

Artigo 2º .-Feito Impoñible.-

Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios da escola deportiva Prestaranse os servicios de ensinanza de educación física de base, baloncesto e voleivol, fútbol base, patinaxe, atletismo,actividades de tempo libre nas parroquias, ximnasia de mantemento para adultos,aerobic para adultos,ximnasia de mantemento para adultos nas parroquias e liga de fútbol sénior.

Artigo 3º .-Devengo

A taxa se considerará devengada ,nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.

Artigo 4º .-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servicio para as persoas beneficiarias do servicio.

Artigo 5º .- Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Ley General Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 40 da Ley General Tributaria.

Artigo 6º .- Tarifas.-

Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:

1. Poboación infantil ( hasta 16 anos)

Inscrición anual :10 euros

a) educación física de base.

b) baloncesto e voleibol

c)escola municipal de fútbol base

d)patinaxe

e)atletismo

f)actividades de tempo libre nas parroquias

2.Poboación adulta

a) Ximnasia de mantemento para adultos en Cee. Inscrición 70 euros.

b)Aeróbic para adultos en Cee. Inscrición 70 euros.

c)Ximnasia de mantemento para adultos nas parroquias. Inscrición 40 euros.

e) Liga de fútbol sala sénior: 200 euros por equipo.

Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.

Artigo 7º .-Normas de Xestión.-

1.- A taxa por matrícula esixirase en réxime de autoliquidación.

2.-Os interesados na prestación deste servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía. No momento de presentación da solicitude, será abonado o importe da matrícula.

3.-A cota anual é obrigatoria dende o primeiro día de cada curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación ( en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira).

4.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Articulo 8º .-Exencións e bonificacións

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei ,os derivados dos tratados internacionais, e os convenios de persoal vixentes neste Concello.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2004-2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.