Cee - Ordenanza reguladora das taxas por recibir ensino nas escolas e actividades físico-deportivas do Concello de Cee.
Artigo 1º.-Fundamento e natureza
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) do RDL 2/2004 Regulador das Facendas Locais, establece a taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das entidades locais, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2º.-Feito Impoñible.-
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios das escolas deportiva se das actividades fisico-deportivas destinadas á totalidade dos veciños do municipio.
Prestaránse os servizos de ensinanza de: educación física de base, escolas deportivas municipais de fútbol sala e de patinaxe e ximnasia de mantemento para adultos.
Artigo 3º.-Devengo
A taxa se considerará devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio, que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.
Artigo 4º.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ó servicio para as persoas beneficiarias do servicio.
Artigo 5º.- Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 40 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.
Artigo 6º.- Tarifas.-
Á cuantía das taxas regulada nesta ordenanza fiscal será a fixada na tarifa seguinte:
INSCRICIÓN ANUAL
1. Poboación infantil (dos 4 ata os 16 anos).
Educación física de base: 10 €
Escola Deportiva Municipal de Fútbol Sala: 10 €
Escola Deportiva Municipal de Patinaxe: 10 €
2. Poboación adulta.
Ximnasia de mantemento (2 horas/semana): 42 €
Ximnasia de mantemento (3 horas/semana): 63 €
Ioga e outras actividades deportivas: 5 €/mes
Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.
Artigo 7º.-Normas de Xestión.-
1.-A taxa por matrícula esixirase en réxime de autoliquidación.
2.-Os interesados na prestación deste servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía. No momento de presentación da solicitude, será abonado o importe da matrícula.
3.-A cota anual é obrigatoria dende o primeiro día de cada curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación (en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira).
4.-En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.
Articulo 8º.-Exencións e bonificacións.-
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, os derivados dos tratados internacionais, e os convenios de persoal vixentes neste Concello.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.-
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.
DISPOSICION FINAL.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2009-2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.