Cee - Ordenanza reguladora das taxas por recibir ensino nas escolas e actividades físico-deportivas do Concello de Cee.

Publicación provisional: 19/07/2004 BOP Nº: 164
Publicación definitiva: 07/09/2004 BOP Nº: 207
Aplicable dende: 16/10/2009

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 de la Ley 7/85 de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) del RDL 2/2004 Regulador de las Haciendas Locales, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.

Artigo 2º.-Feito Impoñible.-

Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios das escolas deportivas e das actividades fisico-deportivas destinadas á totalidade dos veciños do municipio.

Prestaránse os servizos de ensinanza de: educación física de base, escolas deportivas municipais de fútbol sala e de patinaxe e ximnasia de mantemento para adultos.

Artigo 3º.-Devengo

A taxa se considerará devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio, que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.

Artigo 4º.-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 33 da Ley General Tributaria, que soliciten ó servicio para as persoas beneficiarias do servicio.

Artigo 5º.- Responsables.

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Ley General Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeneral, nos supostos y co alcance que sinala ó art. 40 da Ley General Tributaria.

Artigo 6º.- Tarifas.-

Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será la fixada na tarifa seguinte:

INSCRICIÓN ANUAL

1.Poboación infantil (dos 4 ata os 16 anos)

Educación Física de Base..............................................10€

Escola Deportiva Municipal de Fútbol Sala......................10€

Escola Deportiva Municipal de Patinaxe..........................10€

2. Poboación adulta

Ximnasia de Mantemento (2 horas/semana)..................42€

Ximnasia de Mantemento (3 horas/semana)..................63€

Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.

Artigo 7º.-Normas de Xestión.-

1.- A taxa por matrícula esixirase en réxime de autoliquidación.

2.-Os interesados na prestación deste servicio deberán presenta-la solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía. No momento de presentación da solicitude, será abonado o importe da matrícula.

3.-A cota anual é obrigatoria dende o primeiro día de cada curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, debendo satisfacerse nas contas abertas a nome do concello en calquera entidade colaboradora ou, no seu caso, na Tesourería da Corporación (en casos excepcionais e a criterio da Tesoureira).

4.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Articulo 8º.-Exencións e bonificacións.-

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, os derivados dos tratados internacionais, e os convenios de persoal vixentes neste Concello.

Artigo 9.-Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Ley General Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2009-2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.