Melide - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos no conservatorio profesional de música público dependente do Concello de Melide:

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/2004 BOP Nº: 300
Aplicable dende: 31/12/2004

artigo 5 cota tributaria,

"a contía da taxa esixirase segundo a tarifa que se indica:

- curso de iniciación (música e movemento, idade de 4 a 8 anos): 160 euros.

- Grao elemental (catro cursos a partir da idade de 8 anos):

Por curso completo: 275 euros.

Por 2 especialidades: 385 euros.

Por materia pendente: 73 euros.

Por servizos xerais e certificacións: 12,40 euros.

- Grao medio (seis cursos, aprobando un curso de acceso, sen límite de idade):

Proba de acceso: 102 euros.

Por curso completo: 440 euros.

Por 2 especialidades: 550 euros.

Por materias pendentes: 102 euros.

Pola proba de acceso a calquera dos seis cursos de grao medio: 102 euros.

Por servizos xerais e certificacións: 12,40 euros.

- O estudo de materias soltas, será, por cada materia, 102 euros".

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 17.4 do TRLFL.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar dende a publicación deste anuncio no BOP.