Melide - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos no conservatorio profesional de música público dependente do Concello de Melide:

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 23/12/2006

artigo 5 cota tributaria,

A cota tributaria será a seguinte:

A contía da taxa esixirase segundo a tarifa que se indica:

- curso de iniciación (música e movemento, idade de 4 a 8 anos): 166,72 euros.

- Grao elemental (catro cursos a partir da idade de 8 anos):

Por curso completo: 293,84 euros.

Por 2 especialidades: 411,59 euros.

Por materia pendente: 77,11 euros.

Por servizos xerais e certificacións: 13,23 euros.

- Grao medio (seis cursos, aprobando un curso de acceso, sen límite de idade):

Proba de acceso: 109,10 euros.

Por curso completo: 470,67 euros.

Por 2 especialidades: 588,42 euros.

Por materias pendentes: 109,10 euros.

Pola proba de acceso a calquera dos seis cursos de grao medio: 109,10 euros.

Por servizos xerais e certificacións: 13,23 euros.

- O estudo de materias soltas, será, por cada materia, 109,10 euros".

Artigo 6

ás familias perceptoras dunha RISGA (concedida no momento da solicitude) ou pensión non contributiva ou RAI (Renta Activa de Inserción) ou similar aplicaráselles unha bonificación do 50% no importe da matrícula, previo informe dos servizos sociais".