Mugardos - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola recollida do lixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/11/2004 BOP Nº: 270
Aplicable dende: 01/01/2005

Artigo 7.º .-Cota tributaria

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función de natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza ou vía pública onde estean emprazados aqueles.

2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

 

CONCEPTO IMPORTE
Epígrafe 1.-Vivendas.
- No casco urbano 21,75 euros/trimestre
- Fora do casco urbano 13,64 euros/trimestre
Epígrafe 2.-Establecementos comerciais e industriais:
- No casco urbano 43,27 euros/trimestre
- Fora do casco urbano 37,65 euros/trimestre

 

3.- As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irreductible e corresponden a un trimestre.

Disposición final

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 10 de novembro de 2004, e comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación expresa.