Mugardos - ORDENANZA FISCAL N.º 6, REGULADORA da taxa pola recollida do lixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 22/11/2005 BOP Nº: 267
Aplicable dende: 01/01/2006

Artigo 7.º .-Cota tributaria

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función de natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza ou vía pública onde estean emprazados aqueles.

2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

CONCEPTO: IMPORTE

Epígrafe 1.-Vivendas.

- No casco urbano: 22,51 euros/trimestre

- Fora do casco urbano: 14,12 euros/trimestre

Epígrafe 2.-Establecementos comerciais e industriais:

- No casco urbano: 44,78 euros/trimestre

- Fora do casco urbano: 38,97 euros/trimestre

3.- As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irreductible e corresponden a un trimestre.

Disposición final

As presentes ordenanzas modificadas foron aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día 16 de novembro de 2005, entrará en vigor ao día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.