Boiro - Ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias na rúa e ambulantes.
Artigo 1º .- Fundamento e natureza.
Artigo 2º .- Feito impoñible.
Artigo 3º .- Suxeito pasivo.
Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, a favor das cales se outorguen as licencias ou autorizacións ou quen se beneficie do aproveitamento se se procedera sen a oportuna autorización.
Artigo 4º .- Exencións e bonificacións.
Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se prevexan mediante Lei.
Artigo 5º .- Base impoñible.
Artigo 6º .- Cota tributaria.
A cota tributaria será a resultante de aplica-las seguintes tarifas:
EPÍGRAFE 1º : Expedición de Licencia
1.1.) Expedición de licencia: (euros/ano): 20,96
EPÍGRAFE 2º : Venda Ambulante
2.1) Actividades do ramo de alimentación: (euros/m.l. e día): 1,58
2.2.) Actividades de calzado e confección: euros/m.l. e día: 1,75
2.3.) Actividades restantes: euros/m.l. e día: 1,64
EPÍGRAFE 3º : Espectáculos e atraccións
3.1.) Circos (euros/día): 20,96
3.2.) Tómbolas, atraccións e asimilados (euros/m2/día): 1,05
3.3). Outros espectáculos: (euros/día): 34,91
Artigo 7.- Período impositivo e retribución.
Artigo 8º .-Réxime de xestión, declaración e ingreso.
1.- As cantidades esixibles conforme as tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles.
2.- A taxa xestionase en réxime de declaración, debendo, as persoas ou entidades interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que conste a seguinte información:
Extensión do aproveitamento
Elementos a instalar.
Plano detallado da súa situación no termo municipal.
3.- Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que os interesados obteñan e abonen a licencia municipal correspondente.
4.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas nin subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á revogación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar polos interesados.
5.- O pago xestionaras da seguinte maneira:
A) Caso de vendedores ambulantes.
A expedición da licencia conterá a contía da liquidación diaria, segundo declaración de extensión do aproveitamento, a efectos de notificación de alta.
Os vendedores autorizados serán incorporados a un padrón ou matrícula, de carácter trimestral, debendo aboarse as liquidacións trimestrais, polo número de días de mercado ambulante do trimestre, durante o primeiro mes do trimestre natural.
As liquidacións notificaranse de forma colectiva, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
B) Caso dos demais aproveitamentos.
O pago realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación e sempre con carácter previo á realización do aproveitamento.
6.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial regulado nesta Ordenanza leve aparellada a destrucción ou deterioro do pavimento ou instalacións da vía pública, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa á que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e o depósito previo do seu importe.
Se os danos foran irreparables o Concello será indemnizador en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.
Baixo ningún concepto se poderá condonar total nin
parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o
presente apartado.
7.- Unha vez concedida ou renovada a licencia establecida no epígrafe 1º do
artigo 5, os suxeitos pasivos serán incorporados a un Padron Fiscal, e a obriga
de contribuir non cesará mentras os interesados non tramiten a súa baixa ante a
Administración. As baixas surtirán efecto no trimestre seguinte a aquel no que
se solicite, unha vez comprobado polo persoal autorizado. O cobro realizarase de
forma trimestral e a notificación será colectiva mediante anuncios no BOP.
Disposición final
... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.