Boiro - Ordenanza fiscal núm. 16, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias na rúa e ambulantes

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 31/12/2009 BOP Nº: 274
Aplicable dende: 01/01/2010

Artigo 1º .- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos art. 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de Decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local así como industrias na rúa e ambulantes", que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, onde as súas normas atenden ó prevido no art. 58 da Lei 39/88 en relación co disposto nos artigos 20 a 27, na nova redacción dada pola Lei 25/98, de 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público.

Artigo 2º .- Feito impoñible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1 e 3.n) da Lei 39/88, de 28 de decembro, Lei Reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible da taxa a utilización privativa ou o aproveitamento especial da vía pública municipal con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, industrias da rúa e ambulante.

Artigo 3º .- Suxeito pasivo.

Serán suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuínte, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, a favor das cales se outorguen as licencias ou autorizacións ou quen se beneficie do aproveitamento se se procedera sen a oportuna autorización.

Artigo 4º .- Exencións e bonificacións.

Non se concederán exencións nin bonificacións, salvo as que se prevexan mediante Lei.

Artigo 5º .- Base impoñible.

Constitúe a base impoñible desta exacción a lonxitude en metros lineais do posto, barraca, caseta de venda, espectáculos, industrias da rúa e ambulantes e a lonxitude en metros cadrados no caso de tómbolas, atraccións e asimilados.

Artigo 6º .- Cota tributaria.

A cota tributaria será a resultante de aplica-las seguintes tarifas:

EPÍGRAFE 1º: Expedición de Licenza

1.1.) Expedición de licenza: (euros/ano)

24,01

EPÍGRAFE 2º : Venda Ambulante

2.1) Actividades do ramo de alimentación: (euros/m.l. e día)

1,80

2.2.) Actividades de calzado e confección: euros/m.l. e día

2,00

2.3.) Actividades restantes: euros/m.l. e día

1,87

EPÍGRAFE 3º: Espectáculos e atraccións

3.1.) Circos (euros/día)

24,01

3.2.) Tómbolas, atraccións e asimilados (euros/m2/día)

1,20

3.3). Outros espectáculos: (euros/día)

39,99

Artigo 7.- Período impositivo e retribución.

No caso da expedición da licencia o período impositivo comprenderá o ano natural. Nos restantes casos o período impositivo abranguerá os días da efectiva ocupación da vía pública. A taxa devengarase cando se optén a correspondente licencia municipal que autoriza o uso privativo ou o aproveitamento especial, ou dende que se realice, si non se tramitou a preceptiva licencia.

Artigo 8º .-Réxime de xestión, declaración e ingreso.

1.- As cantidades esixibles conforme as tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles.

2.- A taxa xestionase en réxime de declaración, debendo, as persoas ou entidades interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza, solicitar previamente a correspondente licencia e formular declaración na que conste a seguinte información:

Extensión do aproveitamento

Elementos a instalar.

Plano detallado da súa situación no termo municipal.

3.- Non se consentirá ningunha ocupación da vía pública ata que os interesados obteñan e abonen a licencia municipal correspondente.

4.- As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas nin subarrendadas a terceiros. O incumprimento deste mandato dará lugar á revogación da licencia, sen prexuízo das contías que corresponda aboar polos interesados.

5.- O pago xestionaras da seguinte maneira:

A) Caso de vendedores ambulantes.

A expedición da licencia conterá a contía da liquidación diaria, segundo declaración de extensión do aproveitamento, a efectos de notificación de alta.

Os vendedores autorizados serán incorporados a un padrón ou matrícula, de carácter trimestral, debendo aboarse as liquidacións trimestrais, polo número de días de mercado ambulante do trimestre, durante o primeiro mes do trimestre natural.

As liquidacións notificaranse de forma colectiva, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

B) Caso dos demais aproveitamentos.

O pago realizarase por ingreso directo na Tesourería Municipal, unha vez notificada a correspondente liquidación e sempre con carácter previo á realización do aproveitamento.

6.- Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial regulado nesta Ordenanza leve aparellada a destrucción ou deterioro do pavimento ou instalacións da vía pública, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa á que houbera lugar, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e o depósito previo do seu importe.

Se os danos foran irreparables o Concello será indemnizador en contía igual ó valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos danados.

Baixo ningún concepto se poderá condonar total nin parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire o presente apartado.

7.- Unha vez concedida ou renovada a licencia establecida no epígrafe 1º do artigo 5, os suxeitos pasivos serán incorporados a un Padron Fiscal, e a obriga de contribuir non cesará mentras os interesados non tramiten a súa baixa ante a Administración. As baixas surtirán efecto no trimestre seguinte a aquel no que se solicite, unha vez comprobado polo persoal autorizado. O cobro realizarase de forma trimestral e a notificación será colectiva mediante anuncios no BOP.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.-

As tarifas estipuladas no epígrafe 2 do artigo 6 serán de aplicación dende o 1 xaneiro ata o 31 de decembro de 2008.

Disposición final

... A presente ordenanza foi modificada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 11 de novembro de 2003, publicada no BOP n.º ..., de data ..., e será de aplicación a partir do 1.1.2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.